Lobariñas, en Crecente, celebra a festa do ‘Pito á brasa’

01/08/2008 at 10:09 Deixar un comentario

Lobariñas prepárase para degustar o polo a brasa, única festa gastronómica de Crecente.
Un ano máis, os veciños de Lobariñas únense para organizar a ‘Festa do Pito’, que se celebra os días 1, 2 e 3 de agosto. Para aqueles que non lles gusta o pito, no primeiro día, no torreiro da festa, haberá unha sardiñada, amenizada polo grupo folclórico ‘Pedra de Garza’, de Fozara.
Mentres que no sábado 2 de agosto, a partir das 11.00 da mañá, celebrarase unha maratón dende a praza do concello ata o torreiro da festa. Ese mismo día, a partires das 20.30 horas xa se poderá degustar o  pito á brasa, e un pouco máis tarde comezará a verbena a cargo das orquestras ‘Atenas’ e o grupo ‘Blue Stars’.
No domingo 3 de agosto, a partires das 11.00 horas haberá o pasarrúas  coa banda de gaitas ‘Sonatas Sobreseñas’ de Vilasobroso e ás 13.00 horas misa solemne na honra a San Miguel. A partir da unha da tarde servirase pito á brasa.
Por outro lado, volta o Festipousa o sábado 2 con foliada popular, curtametraxes, malabares, graffitada ceibe e acampamento after no río. A cita será na estación de tren da Pousa, en Crecente.
Este ano actuarán ‘Con Mora’ (Madrid), ‘Sugar overdose’ (Barcelona), ‘Mutilados’ (Vigo + Lomba), ‘Spinning Jenny’ (A Coruña), ‘Buogh’ (Vigo + Pereiras), ‘Mexan por nos social band’ (A Cañiza) e da factoría da casa ‘Mr. Crecente or die’.

Entry filed under: Crecente.

‘O meu ideal sería ter un espazo propio de investigación e formación’ Mondariz celebra o XX Día dos Oficios Artesáns e o XXI Festival da Muiñeira

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: