O Centro Comarcal acolle a exposición do Vieiro da Franqueira

01/08/2008 at 09:59 Deixar un comentario

A Asociación Intermunicipal do Vieiro da Franqueira organiza no Centro Comarcal da Paradanta a exposición O Vieiro da Franqueira. co fin de revitalizar a tradición da peregrinaxe a este santuario , facendo fincapé nas veredas verdes e na recuperación do Camiño da Franqueira como espazo lúdico de senderismo en contacto ca natureza.
Esta exposición está patrocinada pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente.
Á inauguración foi presidida polo alcalde da Cañiza, D. César Mera,  asistiron representantes dos seguintes concellos: Allaríz, Bande, Betanzos, Borborás,  Cartelle, Castro Caldelas, Celanova, Marín, Mondariz, Ponteareas, Pontecaldelas, Redondela, Vilagarcía de Arousa e Xinzo.
A mostra conta con paneis, trípticos, libro documental e medios audiovisuais sobre a rota de peregrinación ó Santuario da Franqueira, nos que  se representan e  difunden os valores naturais, etnográficos, culturais, históricos, paisaxísticos e a arquitectura popular dos   nove concellos que atravesa.
O Vieiro da Franqueira consta de 42 km de percorrido, ten como punto de partida o concello de Redondela, pasa por Sotomaior, Pazos de Borbén , O Covelo, Ponteareas, Mondariz, Mondariz Balneario, Salvaterra de Miño e remata en A Cañiza.
A exposición pódese visitar o longo do mes de agosto nas instalacións do Centro Comarcal da Paradanta en horario de luns a venres de 10h a 14h e de 16h a 18 h e os sábados pola mañá de 11h – 14h.
A exposici´ón do Vieiro da Franqueira está a percorrer os concellos que forman parte deste proxecto e, deste xeito, xa estivo nos concellos de Ponteareas, Covelo, Mondariz e Redondela, entre outros concellos membros.
Nesta exposición recóllense distintos momentos das historias que se producen tanto ao longo do percorrido como no propio santuario os días de romería do mes de setembro e maio.

Entry filed under: A cañiza.

O tráfico rodado na Praza Maior preocupa aos veciños da zona Programa de festas das Neves

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: