Remata a remodelación da rúa Reveriano Soutullo e comezan en Darío Bugallal

01/08/2008 at 11:01 Deixar un comentario

As obras de humanización da Rúa Reveriano Soutullo, executadas polo Concello de Ponteareas en colaboración coa Deputación Provincial e Pontevedra, rematarán nos vindeiros días, data en que comezarán os traballos de mellora da rúa Darío Bugallal.
Os traballos, cun custo total de 126.527 euros, se inclúen dentro do plan de mellora das rúas do casco urbano que está levando a cabo a Concellería de Vías e Obras do Concello de Ponteareas, dirixida por Alberto Novoa, en colaboración co organismo provincial.
Por unha banda, a mellora da rúa Reveriano Soutullo consta de dúas fases: os traballos de humanización, que teñen un custo de 58.800 euros –  e consisten na mellora e ensanchamento das beirarrúas acabadas en pedra, así como o cambio das novas instalacións de abastecemento de auga-, e os de separación de pluviais e fecais, que ascenden a 23.727 euros.
A intervención na rúa Darío Bugallal, que contempla traballos de reforma do adoquinado das beirarrúas e que se iniciarán en poucos días, ascende a 44.000 euros.

Entry filed under: Ponteareas.

O concello de Ponteareas destaca a consolidación da festa do Bacallao A Consellería de Medio Ambiente inviste 100.000 euros na Freixa, Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: