A Consellería de Medio Ambiente inviste 120.000 euros na recuperación e acondicionamento de espazos naturais no entorno dos ríos de Mondariz

04/08/2008 at 09:36 Deixar un comentario

A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible destinará 457.000 euros á recuperación e mantemento de espazos naturais na provincia de Pontevedra, segundo aprobou o Consello da Xunta. En Mondariz, levaranse a cabo actuacións no entorno dos ríos Tea, Aboal e Alén.
Segundo o PSdeG de Mondariz a recuperación do entorno dos ríos Tea, Aboal e Alén, en Mondariz, recibirá un investimento de 19.998,17 euros este ano e 100.000 euros máis en 2009 que permitirán levar a cabo actuacións de acondicionamento das marxes dos ríos
como espazo de lecer. Neste senso, crearanse máis de 13 quilómetros de sendeiros fluviais que solventen as dificultades de acceso as ribeiras e a elementos de patrimonio local, tales como muíños ou canles de rego.

Ademais, os hábitats das marxes destes ríos están catalogadas como de interese comunitario, polo que os traballos se realizarán con medios manuais, respectando a vexetación autóctona da zona e eliminando, na medida do posible, especies exóticas introducidas.
Estes traballos complementaranse coa sinalización dos sendeiros e a instalación de paneis informativos, tanto nas rutas como nos ecosistemas naturais existentes.

Unha aposta sostible por Mondariz
O PSdeG de Mondariz valorou moi positivamente esta resolución da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e recorda o compromiso do actual goberno da Xunta de Galicia co municipio de Mondariz.
“Os socialistas sempre traballamos polo noso municipio dende a oposición, e esta é unha mostra mais de que os que gobernan o noso municipio non traballan mais que nós polos intereses do Mondariz e dos nosos veciños”, afirma Rubén Bernárdez Gómez, secretario de organización e concelleiro.

Entry filed under: Mondariz.

O goberno de Ponteareas acorda a parcelación dunha finca no barrio de Igrexa, Arcos, para a construción dunha casa cultural Case 500 persoas demandan vivenda protexida en Ponteareas, segundo o Rexistro de Demandantes

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: