O convenio asinado entre Caixanova e o concello levará a Salvaterra actuacións musicais e ciclos de cine

04/08/2008 at 09:19 Deixar un comentario

Caixanova e o concello de Salvaterra presentaron en Salvaterra do Miño a un dos mellores gaiteros de Galicia, Xosé Manuel Budiño, co seu novo traballo ‘Home’. A actuación foi o pasado sábado 2 de agosto, á 23.00 horas no Auditorio Parque de A Canuda. A presenza de Budiño en Salvaterra foi posible grazas ao convenio de colaboración que firmaron na sede do concello o alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, e o director de comarca de Caixanova, José Luis Romero Quiroga.

Segundo este convenio, Salvaterra será a sede este verán do concerto de Xosé Manuel Budiño, ademais da actuación de Brath e da proxección de tres películas dentro do ciclo Cine Caixanova de Verán.

Tras a sinatura do acordo, Arturo Grandal quixo expresar o seu “profundo agradecemento” á entidade financeira por “contar con Salvaterra de Miño no esforzo de Caixanova para levar estas manifestacións culturais a todos os cidadáns”. O alcalde de Salvaterra aproveitou para lembrar que desde o concello “apostamos pola cultura como un dos pilares básicos da nosa xestión”, e subliñou a extraordinaria calidade artística de Budiño e de Brath, “que farán gozar aos veciños e visitantes de Salvaterra da mellor música galega do momento”.

Pola súa banda, José Luis Romero Quiroga refiriuse a este convenio asinado co concello de Salvaterra como unha expresión máis “do compromiso que Caixanova ten desde sempre por fomentar a cultura”.

HOME, novo traballo de Xosé Manuel Budiño
Coincidindo co séptimo aniversario da publicación do seu primer traballo discográfico, “Home” é o novo albume de Xosé Manuel Budiño. Trátase un traballo cheo de vitalidade no que as melodías nacen das influenzas e experiencias acadadas durante as viaxes do artista na xira que o levou por diferentes lugares do mundo: Sofía, Bos Aires, México D.F., Dublín, Milán, Líbano, Siria o Marruecos.

Aínda que Xosé Manuel Budiño asume de novo as composicións, os arranxos, a gravación e a producción do disco, nesta ocasión conta coa especial colaboración de Jorge Pardo (saxo), Paulo Borges (piano), Jacky Molard (violín), Paco Charlín (bajo), Mercedes Peón (voz), Carlos Castro (percusiones), Kepa Junkera (trikitixa), Antón Reixa o Xoel López, de Deluxe (voz en “Ollos de Sal”).

Formado na escola de gaitas Semente Nova de Moaña a principios dos anos 80, Budiño participa na banda de gaitas Xarabal e, en 1991, funda o grupo Fol de Nui. Máis tarde toca en bandas como Altan (Irlanda), Capercaille (Escocia), Oskorri (Euskadi)… e con artistas como Kepa Juntera, Uxía o Mercedes Peón, por citar só algúns dos máis coñecidos do panorama estatal.

Músico, galego de orixe, viaxeiro convencido, creador incansable, innovador por convicción, soñador de melodías imposibles desde unha villa marinera onde o viento se converte en música… Xosé Manuel Budiño é un artista atípico: inspírase nos pequenos sabores da música tradicional, mais sempre coa intención de crear unha música con estilo propio.

BRATH
Outra das actividades que forman parte do convenio entre Caixanova e o Concello de Salvaterra de Miño será o concerto de ‘Ás Portas de Lug’, o novo traballo do grupo galego de folk Brath. O concerto terá lugar o día 29 de agosto ás 23.00 horas en As Murallas. A entrada a dito concerto é libre.

Brath é un grupo galego de folk que leva máis de vinte e sete anos xuntos realizando música de raíz, mais con unha especial influenza do rock progresivo: caracterizado desde o seus comezos por incluir os sons dun baixo electrónico e dunha batería nas súas cancións. Ten unha ampla discografía que avala o seu traballo, discografía que se completa con gravacións de discos colectivos e bandas sonoras para filmes e series de televisión.

Baixo o título ‘Ás Portas de Lug’ se atopa o novo traballo de Brath, que tras rematar a xira por mor da celebración do seu 25 aniversario, desde novembro de 2006 hasta finaos de2007, a banda volveu aos estudos de gravación para preparar o novo álbum. Este novo traballo ten como fío conductor aos romanos e aos pobos prerromanos que ocupaban entón a Península. ‘Ás Portas de Lug’ é un disco que fala de Galicia; da Ribeira Sacra, de onde os romanos levaban o viño para a súa polis, da Torre de Hércules, faro da humanidade, o máis antigo do mundo que continúa prestando servizo, construída, segundo a lenda celta, polo fillo de Brath, Breogán, figura do mítico pai da nación galega, O pai de Galiza, Eire e Alba, caudillo dun pobo procedente de África; a muralla romana de Lugo, A Fraga Sagrada de LUG, lugar onde se veneraba desde tempos pretéritos a este dios supremo pancéltico. Medulio, o monte onde os últimos guerreiros galaicos, cántabros e astures decidiron autoinmolarse antes de perder a súa libertad. Bracara-Vicus-Pontus, recorrendo a VÍA XIX de Braga a Pontevedra con desvío en medio do camiño a Vigo.
É unha obra cargada de simbolismo e lendas que leva a Brath polo camiño da innovación e da vangarda de la música gallega.

Cine Caixanova de Verán
Pola súa banda, o ciclo ‘Cine Caixanova de Verán’ achegará ao concello de Salvaterra durante o mes de agosto tres películas para todos os públicos. O mércores 6 de agosto, ás 23.00 horas en As Murallas proxectarase ‘Bee Movie’, o sábado 16 de agosto, no mesmo lugar e hora proyectarase ‘The Holiday’ e o mércores 27 de agosto ‘Embrujada’.
A entrada á proxección de las películas é de balde ata completar aforo.

Entry filed under: Salvaterra.

O PSdeG de Ponteareas felicita aos veciños pola rotonda de Canedo O goberno de Ponteareas acorda a parcelación dunha finca no barrio de Igrexa, Arcos, para a construción dunha casa cultural

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: