Un hidroavión e unha banda de música gañan o ‘Descenso de Tarecos’ polo Miño na 3ª edición da ‘Festa do Río’ de Salvaterra

05/08/2008 at 11:59 Deixar un comentario

O ‘Descenso de tarecos’ que tivo lugar o pasado domingo día 3 polo Miño tivo como gañador na categoría adulto ao hidroavión ‘O Salvaterra’ (1º premio). Na mesma categoría, o segundo premio foi para o tareco ‘A gran corrida’, mentres que o terceiro e cuarto posto foron para ‘Flower Power’ e ‘Victoria Inesperada’, respectivamente. Na categoría infantil, os tarecos premiados foron o da ‘Banda de Música’ (1º premio) e ‘Piratas do Miño Fútbol Club’. En total participaron 11 tarecos, aínda que dous deles, o ‘Titanic’ e o ‘Marcha ciclista polo río Miño’, ficaron en terra, o primeiro porque se afundíu nada máis sair e o segundo por problemas técnicos.
Os creadores de ‘O Salvaterra’, Rubén Álvarez e Federico Hurdlebring, que xa participaron o ano pasado no ‘Descenso de tarecos’, explicaron que a idea de facer este hidroavión partíu da necesidade de “facer algo distinto”. Un invento no que comezaron a traballar na Semana Santa e con pezas que viñeron de Madrid “aínda que despois o montamos e probamos eiquí”. Entre estas pezas, destacan por exemplo os piñóns de bicicleta, trozos de cama e o motor, que se fixo cunha lata de piña.
O xurado encargado de puntuar as embarcacións e emitir o fallo final estivo constituído pola tenente de alcalde, Marta Valcárcel, o deseñador e xerente de Publicidad Abril, José Antonio Abril, o xornalista e director de Vigometropolitano.com, Roberto Ledo, e a técnica de dirección de obra María Domínguez Gándara.
Esta actividad comezou pasada as oito e media da tarde e contou coa presenza de moitísimo público, que elixiu distintos puntos do recinto para acompañar o ‘Descenso dos tarecos’, ben desde a ponte internacional ou desde a muralla. Antes de que se dera a coñecer o veredicto, na categoría adulto o hidroavión ‘O Salvaterra’ xa se perfilaba como un dos favoritos, seguido de preto da ‘Gran corrida’, no que os participantes, antes de iniciar o descenso partiron desde a pista de bicicletas simulando un encerro de San Fermín.

Entry filed under: Salvaterra.

Sebastiao Magalhaes e Antonio Da Silva gañan o concurso de pesca de Salvaterra O BNG de Ponteareas recurre os orzamentos aprobados polo grupo de goberno

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: