A asociación de veciños ‘Cañiza Unida’ reclama ao alcalde César Mera ‘menos promesas e máis acción’

06/08/2008 at 10:12 1 comentario

A Asociación de Veciños “Cañiza Unida” reclama ao alcalde César Mera “menos promesas e máis acción” no caso das axudas aos afectados polo caso Marbar. Segundo o presidente de Cañiza Unida, Manuel Veloso, o rexedor local ofreceu a súa axuda aos afectados e estas alturas aínda non deu o primeiro paso.
“Xa vai sendo hora de que se cumpra o prometido. Cando saltou o escándalo de Marbar vostede prometeu apoiar aos afectados. Hai moitos veciños clientes de Marbar que están vivindo nos seus pisos e acaban de cortarlles a luz. ¿A que agarda para axudarlles?. Menos promesas e máis acción señor alcalde”.

Así mesmo, esta asociación de veciños critica ao alcalde por culpar a outros da subida do imposto do catastro. “Vostede deu o seu visto bo e é o primeiro beneficiado deses cartos. É moi feo tirar a pedra e esconder a man”.

Ademais, Cañiza Unida solicita ao grupo de goberno que limpen as cunetas do final da rúa do Carme con dirección ás Achas, por debaixo do Couto do Sobreiro, que están cheas de lixo provocando inundacións.
“Pedímoslle que elimine este basureiro porque a xente quere vivir en boas condicións todos os días e non somentes no momento das eleccións”.

Por último, estes veciños piden que cambien a tubería da fonte da Botica que, segundo éstes, esta tamén chea de lixo. “Deberían arranxar a arqueta que está arriba, ao carón do Reveca xa que non é de auga potable”.

Por outro lado, Cañiza Unida pregúntase ¿de donde salíu a gran nova de que vai aumentar o número de badéns?. “Iso é unha gran nova porque a asociación de veciños leva pedíndoo dende fai varios anos. Aproveitamos para lembrarlle que para facer unha pasaxe peoníl diante da fonte da rúa Botica tivemos que pedirllo tres anos seguidos… e ao final fixérono pero tivemos que batallar”.

Manuel Veloso e a asociación que preside acusa ao goberno local de “gobernar sen sentido común”.

Entry filed under: A cañiza.

O Son da Muralla de Salvaterra quenta motores coa presenza do DJ internacional Sash! como cabeza de cartel Cine Caixanova de Verán presenta ‘The Holiday’, ‘Bee Movie’ e ‘Embrujada’ en Salvaterra de Miño

1 comentario Add your own

  • 1. Zas  |  31/08/2008 ás 11:01

    Pregúntenlle o Sr. Veloso con cantos veciños (que non sean familiares del) conta e está formada a Asociación Cañiza Unida

    Resposta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: