A Consellería de Traballo aproba 11 novos cursos dos programas ‘Tecendo Futuro’ e ‘Agromar’

06/08/2008 at 11:07 Deixar un comentario

A Consellería de Traballo vén de aprobar 11 novos cursos de formación dentro dos programas Agromar e Tecendo Futuro. A finalidade destas dúas iniciativas, que forman parte do Plan Aurora de Emprego Feminino, é promover a incorporación de máis mulleres ao mercado laboral. Tamén ten como obxectivos incrementar a calidade do emprego feminino, incorporar mulleres a profesións nas que teñen pouca presenza, garantir a igualdade na negociación colectiva, fomentar o emprendemento, apoiar a sectores maduros con alto índice de presenza feminina e potenciar a conciliación.

Estas 11 novas actividades de formación -que se suman ás 6 xa aprobadas no mes de xullo- desenvolveranse nas localidades de Lousame, O Carballiño, Ponteareas, Celanova, Pontevedra, Pontedeume, Ribadavia, Santiago, Monforte de Lemos e Ourense. A súa duración vai dende as 200 horas ata as 500. Os cursos de menor duración corresponden a unha unidade de competencia dunha determinada especialidade. Este fraccionamento débese a que hai especialidades formativas con contidos moi amplos, variados e específicos que esixen ser divididos en unidades de competencia.

Un total de 10 das novas iniciativas aprobadas corresponden ao programa Agromar. A través delas impartiranse as especialidades de coidador de discapacitados físicos e psíquicos, monitor de actividades de tempo libre infantil e xuvenil, axudante de cociña e comunicación en lingua de signos.

Coa posta en marcha deste programa actívanse medidas tendentes a facer efectiva a conciliación da vida laboral e familiar, de maneira que os socios e socias poidan compatibilizar as súas responsabilidades nestes dous ámbitos. Ademais promove o papel das mulleres no cooperativismo, en particular na potenciación do seu acceso aos órganos de goberno e xestión das cooperativas, e no impulso ao emprendemento cooperativo feminino.

Establecerase un plan de formación en materia de atención persoal dirixida prioritariamente ás 6.575 mulleres desempregadas de máis de 45 anos sen formación de tipo profesional nin experiencia. Haberá outro programa centrado en ocupacións do sector turístico, dirixido prioritariamente ás 3.380 mozas desempregadas menores de 30 anos que carecen de formación e experiencia. Un terceiro dirixirase a ocupacións vinculadas coas enerxías alternativas, e será enfocado ás 3.864 mulleres desempregadas con formación profesional e sen experiencia laboral.

No apartado cooperativo, estímanse en 35.000 as mulleres beneficiarias. Ás actividades formativas accederán 2.000 mulleres e dos incentivos beneficiaranse aproximadamente 2.200. En total haberá unhas 40.000 beneficiarias.

‘Tecendo Futuro’

Dentro das novas actividades aprobadas na iniciativa Tecendo Futuro desenvolveranse accións formativas de controlador de calidade de xénero de punto.

O programa Tecendo Futuro está deseñado, precisamente, para os sectores do téxtil e de industrias alimentarias. Reconverterá ás demandantes a ocupacións de futuro nestes mesmos sectores ou noutros. Así pois, na convocatoria de axudas para programas de formación para traballadores ocupados terán prioridade aqueles dirixidos a traballadores dos sectores do téxtil e a confección e das industrias alimentarias.

Dentro dos estudos sobre muller traballadora e enfermidades profesionais, prestarase especial atención aos sectores laborais feminizados, inicialmente os da conserva e de redeiras. O número de mulleres beneficiarias ascenderá a 2.200.

‘Plan Aurora’
O Plan Aurora de Emprego Feminino, presentado polo conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, en febreiro deste ano, responde á posta en marcha dun programa integral de carácter transversal a prol da igualdade laboral. Para o desenvolvemento deste plan, que beneficiará a máis de 150.000 mulleres galegas, o departamento laboral da Xunta de Galicia dedica un orzamento de 190 millóns de euros neste ano.

O Plan Aurora representa unha estratexia integrada do conxunto das políticas da Consellería de Traballo para avanzar na procura da igualdade laboral entre homes e mulleres. A Consellería de Traballo baséase en dúas ferramentas clave para dar cumprimento ao principio de igualdade efectiva: a Lei do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia e as medidas concretas pactadas cos axentes económicos e sociais no Novo Marco de Relacións Laborais en Galicia. Acordo polo Emprego.

Entry filed under: Ponteareas.

Cine Caixanova de Verán presenta ‘The Holiday’, ‘Bee Movie’ e ‘Embrujada’ en Salvaterra de Miño O concello de Ponteareas organiza un obradoiro de afectividade e sexualidade para a mocidade

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: