Atrezo Teatro estrea en Salvaterra de Miño a comedia ‘A Voda’

08/08/2008 at 11:23 Deixar un comentario

A compañía Atrezo Teatro estrea hoxe venres, 8 de agosto, ás 23.00 horas, no auditorio do Parque Público de A Canuda, en Salvaterra de Miño, a comedia ‘A voda’. Esta actividade enmárcase dentro da programación de ‘Verán Cultural 08’ organizada pola Concellería de Cultura que dirixe a tenente de alcalde, Marta Valcárcel.

A voda’ é unha montaxe de situacións “aparentemente” absurdas, levadas a cabo por personaxes estereotipados, máis preocupados por airear os trapos suxos dos demais e ocultar os propios, que por aquilo verdadeiramente importante. “O que deberamos de nos preguntar é por que chamamos tolo a un home que decide deixar de pertencer á especie que o avergoña”, din desde a compañía Atrezo Teatro.

Segundo Chelo Pampillón, directora e guionista desta producción teatral, “dende o humor é máis sinxelo poder criticar á sociedade, porque é mellor enfrentarmos os problemas cun sorriso”.

Ficha Artística:
Jessica Roade……. Irene
Marisa Sueiro……. Nai/Dama
Ana Santos………. Tía/Paca
Patricia Diz………. Chefi
Germán García….. Médico/Xefe
Mar Puertas……….. Lauri
Miguel Vázquez…. Xornalista/Crego
Xosé Pinal……….. Ministro

Ficha Técnica:
Miguel Vázquez……… Fotografía
Fran Alonso………….. Selección música
Andrés Tuñon……….. Deseño Iluminación
Noelia Represas…….. Deseño Cartel
Jessica Roade……….. Maquillaxe
Atrezo………………… Decorados e vestiario
Andrés Tuñon……….. Tec, Iluminación e son
Carlos Martínez
Alejandro Cedeira…… Tec. Montaxe
Pepe Ramilo…………. Secretario

Entry filed under: Salvaterra.

O goberno de Ponteareas advirte ao BNG que os grupos políticos non poden recurrir os orzamentos municipais As charangas e o rock protagonizan unha fin de semana musical en Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: