O concello de Ponteareas organiza un curso de alimentación saudable

08/08/2008 at 11:57 Deixar un comentario

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do concello de Ponteareas organiza un curso de alimentación saudable. O obradoiro levarase a cabo na Sala de Usos Múltiples da Biblioteca Municipal de Ponteareas en horario de 11 a 13 h, os días 19, 20, 21, 26 e 28 de agosto.A data límite para inscribirse remata o vindeiro día 19 de agosto e a inscrición, como e habitual neste tipo de actividade, é completamente de balde.
Neste  taller, que terá unha duración de 10 horas e un límite de 25 participantes, daranse charlas e informarase sobre como debemos comer,  o que e cando. Grupos de alimentos non recomendados, cales debemos consumir e unhas normas básicas para non gañar peso, e outros complementos adicionais á alimentación.

A finalidade deste curso é reeducar as persoas en xeral nos seus costumes alimenticias. Tamén se darán consellos prácticos e teóricos para a prevención da obesidade, á anorexia e as enfermidades cardiovasculares é o exceso de colesterol, mellorando e aumentando, así a súa calidade de vida.

Trátase desta maneira de propiciar un maior consumo de froitas, verduras, reducir o consumo de alcohol e tabaco, co conseguinte aumento da práctica de actividades deportivas.

As persoas interesadas deberán inscribirse na Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada na Biblioteca Municipal, na rúa Perillana 9/11 ou ben chamar ao teléfono 986 660 765.

Entry filed under: Ponteareas.

O 13 de agosto cortarase o subministro de auga no casco urbano de Ponteareas A temperatura sube no Sarao de Leirado, Salvaterra

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: