O concello de Ponteareas organiza un obradoiro de afectividade e sexualidade para a mocidade

08/08/2008 at 11:10 Deixar un comentario

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Ponteareas, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, organiza un Curso de Afectividade e Sexualidade para a mocidade. Este obradoiro levarase a cabo na Sala de Usos Múltiples de Bilblioteca Municipal o vindeiro martes, 12 de agosto, entre as 11 e as 13 horas.

O curso pretende dar a coñecer o servizo de asesoramento afectivo-sexual que ofrecen os centros Querote, de maneira que estes se establezan como referencia na materia entre a mocidade da zona, analizar a idea que o grupo ten da sexualidade e abordar a temática da sexualidade dende unha visión ampla, normalizadora e integral..

A idade miníma para participar neste obradoiro é de dezasete anos e a inscrición, de balde. As persoas interesadas deberán inscribirse na Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada na Biblioteca Municipal, na rúa A Perillana 9/11, ou ben chamar ao teléfono 986 660 765

Entry filed under: Ponteareas.

A Consellería de Traballo aproba 11 novos cursos dos programas ‘Tecendo Futuro’ e ‘Agromar’ O goberno de Ponteareas advirte ao BNG que os grupos políticos non poden recurrir os orzamentos municipais

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: