O goberno de Ponteareas advirte ao BNG que os grupos políticos non poden recurrir os orzamentos municipais

08/08/2008 at 11:19 Deixar un comentario

O goberno de Ponteareas quere saír ao paso das críticas realizadas polos nacionalistas de Ponteareas ao orzamento municipal para o ano 2008 reclamando máis investimentos e anunciando un recurso que, coma grupo político, non poden plantexar.
O goberno de Ponteareas quere aclarar en primeiro lugar que o BNG non está lexitimado para presentar alegacións ao orzamento municipal, segundo establece o artigo 170 do texto refundido da Lei Reguladora de Haciendas Locales 2/2004. En todo caso, o que presentaron os nacionalistas foi un recurso ao orzamento en nome da súa voceira, Sandra Araújo, que actúa coma veciña do municipio, e non coma portavoz municipal.

Ademais, o goberno ponteareán considera que os nacionalistas entran en contradicións na súa avaliación do orzamento cando, por unha banda critican as baixas cifras do presuposto, e por outro que os ingresos non sexan fiables e que o orzamento “está inflado”. Por iso, o goberno quere aclarar que se trata duns orzamentos “realistas”,  cuns ingresos “fiables”, elaborados deste xeito porque o goberno non quere que reflictan uns ingresos “ficticios”, o que suporía un maior endebedamento para o Concello.

O único obxectivo do goberno ponteareán é que os orzamento fagan fronte ao remanente de tesourería, que ven de anos atrás, reducindo gastos e sendo provisorios.

Investimentos e tecido asociativo
O goberno de Ponteareas quere aclarar tamén que “é a primeira vez na historia dos orzamentos municipais” que se destinan máis de 43.000 euros a atencións benéficas e asistenciais para todo o tecido asociativo e que, unha vez aprobado o orzamento darase o visto bo ás bases para adxudicar esas axudas e subvencións, tal e como xa se lle trasladou a estes colectivos.

Ademais, en canto as críticas sobre a falla de investimentos, o goberno ponteareán considera que “nunca houbo investimentos de tanto calado no municipio”, e cita a construción dun novo pavillón e dun novo campo de fútbol de herba sintética en Angoares, a rehabilitación do auditorio municipal, a humanización de rúas e prazas do casco urbano,  a construción de centros culturais, depósitos de auga, saneamento, parques e outras instalacións deportivas, que se verán a finais de 2008. “Tratase dun investimento moi importante, con obras financiadas en varias anualidades e que contan coa colaboración da Deputación Provincial en convenios xa asinados e outros que o serán próximamente”. Ademais, engaden que moitas das obras xa están executadas.

Asi mesmo, o grupo de goberno quere deixar claro que os gastos en servizos sociais representan unha partida moi importante do orzamento municipal sendo este concello un dos que máis adica a estes fins. Neste momento o concello debe rematar o centro de día e decidir sobre a adhesión da gardería municipal ao Consorcio Galego de Servicios Sociais. Lembran tamén que a escola infantil de Ponteareas é a que máis prazas ten da Comunidade autónoma e que ata o día de hoxe ninguén da Xunta de Galicia dirixiuse ao Concello para solicitar terreos para a construción dunha nova escola infantil ou dun novo centro de día. Unha vez recibida formalmente esa petición, o Concello a valorará e, aínda que a construción de novos equipamentos é unha boa noticia,  o goberno local lembra que o Consorcio tan só financia un tercio dos gastos de funcionamento e mantemento de ditos equipamentos.

Por último, o goberno ponteareán quere manifestar tamén que moitas das medidas orzamentarias en materia de ingresos, financieiras, así coma de xestión e organización, que viñan reflectidas no Plan de Saneamento Económico do Concello, xa se levaron a cabo nestes anos. O que resta por facer é a negociación da relación de postos de traballo elaborada por este Concello, que terá lugar a partir do vindeiro mes de setembro cos sindicatos.

Entry filed under: Ponteareas.

O concello de Ponteareas organiza un obradoiro de afectividade e sexualidade para a mocidade Atrezo Teatro estrea en Salvaterra de Miño a comedia ‘A Voda’

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: