Curso de cata en Salvaterra para aprender a buscar ‘as sensacións que transmite o viño’

24/08/2008 at 11:24 Deixar un comentario

O concello de Salvaterra de Miño, a través da concellería de Cultura que dirixe a primeira tenente de alcalde, Marta Valcárcel, organiza, dentro dos actos da 49 Festa do viño do Condado, un curso de cata, os vindeiros días mércores e xoves, 27 e 28 de agosto. O curso vai ser impartido por Antonio Alén, xerente das adegas Viña Nora SL (antes Beiramar) da DO Rías Baixas así como da adega Pazos del Rey da DO Monterrei.

O curso vai dirixido a público en xeral aínda que non teña coñecementos da cultura do viño nin estea no mundo da hostalería nin sectores vinculados ao viño. Tamén a técnicos de adegas e enólogos.

Este ano faise curso en lugar da tradicional cata comentada. Alén explica que coa cata comentada pretendíase que o que a impartía fixese partícipes das súas sensacións en contraste cos asistentes para coñecer  e valorar o viño. Agora co curso ensínase a buscar esas sensacións que transmite o viño.

Segundo o director do curso, vanse catar máis dunha vintena de viños, entre condados e albariños. O curso ten dous días para poder catalos con certa tranquilidade sobre todo os condados por ser viños “máis complexos ao estar mesturadas tres variedades”. Os que asistan aprenderan as distintas fases da cata (visual, olfactiva, retrogusto, entre outras). Antonio Alén estará apoiado por dous enólogos australianos.

O curso terá un número suficiente de prazas. É de balde pero convén anotarse no concello de Salvaterra previamente para reservar praza ou ben antes do comezo do mesmo curso. A hora do inicio, ámbolos dous días, é as 20.30 horas, no castelo de Salvaterra, concretamente nas covas de dona Urraca. Segundo o director da cata, convén que os alumnos asistan ámbolos dous días para se levar unha visión completa dos viños do Condado, de DO Rías Baixas subzona do Condado do Tea.

Entry filed under: Salvaterra.

O BNG de Mondariz acusa ao alcalde de ‘arruinar’ a economía do concello O BNG de Ponteareas dí que o PP quere impedir a convocatoria aberta das prazas da escola infantil

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: