Esquerda Unida Ponteareas pide a reforma do sistema electoral

24/08/2008 at 10:38 Deixar un comentario

Xosé Henrique González Lago, coordinador do grupo municipal de Esquerda Unida Ponteareas, ven de presentar para o seu debate no Pleno da Corporación unha moción que esixe ao Congreso dos Deputados que promova a creación dunha Comisión para a reforma do Sistema electoral, que permita a modificación da actual lei electoral  con criterios de proporcionalidade entre a representación institucional e o nº de votos obtidos por cada forza política  nos procesos electorais. O obxetivo desta iniciativa é que a mencionada reforma electoral poda ser operativa nas vindeiras eleccións xerais.

Do presente acordo darase traslado ao Presidente do Goberno, ao Presidente do Congreso dos Deputados e  a tódolos  grupos parlamentarios do Congreso dos Deputados.
Segundo EU-IU os resultados das últimas eleccións xerais do 9 de marzo, puxeron de manifesto con toda a súa crueza unha realidade: “a nosa lei electoral é abertamente inxusta e dubidosamente constitucional”.

“Abertamente inxusta porque a representación institucional que se obtén nas Cortes Xerais non se corresponden co apoio electoral realmente obtido a través dos votos dos cidadáns. Por iso  dáse a paradoxa de que a terceira forza política en apoio electoral do país, como é Izquierda Unida – Esquerda Unida con preto de 1 millón de votos, obtén dous deputados e sen embargo outras forzas políticas con menor apoio electoral multiplican ese  resultado”, explica Xosé Henrique González.

Para o coordinador de EU Ponteareas o actual sistema electoral favorece claramente aos partidos maioritarios ao tempo que produce unha  representación superior  das forzas políticas  que se presentan solo nalgunhas circunscricións.

“Debe ser corrixido para respectar o precepto constitucional que establece que o sistema electoral debe cumprir o principio de proporcionalidade (que agora non cumpre). Tamén, e sobre todo, para garantir a todos os cidadáns do  noso país, voten no lugar do  Estado Español que voten, e voten a  forza política que sexa, que o seu voto ten o mesmo valor e que a súa vontade vai a ser  tida en conta en idéntica medida”.

Ademais, González Lago considera que é imprescindible reformar a Lei electoral para garantir a tódolos/as cidadáns o seu dereito democrático a que o seu voto sexa igual e teña o mesmo valor, para garantir con elo  a liberdade do voto e para cumprir o espírito constitucional de proporcionalidade.

Por último advirten que, de manterse o actual sistema, continuárase vulnerando  o  máis elemental fundamento democrático  que se expresa  na máxima de “un home/unha muller un voto  con igual valor” e continuarase a producir “distorsións na representación da vontade popular expresada nas urnas realmente inadmisibles”.

Entry filed under: Ponteareas.

Máis de dous centos veciños participan na xuntanza veciñal organizada pola Asociación veciñal e Cultural “San Xoán de Fornelos e Lourido”, Salvaterra de O BNG apoia aos veciños que reclaman o pago dos recursos mineiros da PLISAN

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: