O BNG apoia aos veciños que reclaman o pago dos recursos mineiros da PLISAN

24/08/2008 at 10:46 Deixar un comentario

 
Segundo o BNG do Condado nestes intres o proceso de indemnizacións dos recursos mineiros atópase a espera dos informes preceptivos xurídicos e financieiros  dependentes das Consellerías de Presidencia e Economía dirixidas polo Partido Socialista.
“Dende o BNG sempre defendemos os intereses dos veciños/as afectados pola expropiación do Porto Seco, de tal xeito que só coa chegada do BNG a Xunta de Galiza dende a  Consellería de Vivenda e Solo no ano 2005 é cando se produce o pago das indemnizacións polos terreos expropiados, e se abre unha nova canle de diálogo coa asociación de afectados para facer frente a liquidación dos recursos mineiros”.

Os nacionalistas afirman que os recursos mineiros son un dereito que teñen os veciños/as afectados, polo que se redacta un borrador de convenio no que se recoñece este dereito indemnizatorio. Convenio que, segundo o BNG, non foi asinado polas empresas mineiras que se negan a pagar aos veciños propietarios das parcelas provocando a demora da tramitación do proceso. Cando según o ínforme xurídico “serán as empresas mineiras as que carguen coas indemnizacións dos citados recursos na súa condición de beneficiarias”.

Así mesmo, o BNG explica que ante esta nova situación e para desbloquear o proceso a administración está disposta a facer fronte os pagos directamente das indemnizacións, repercutindo despois estes contra as empresas mineiras ou o material extraído, aseguran os nacionalistas.

Dende o BNG agardan que as Consellerías de Presidencia e Economía emitan os informes na maior brevidade posíble, que manteñen paralizado o proceso de indenización dos recursos mineiros.

Entry filed under: As Neves, Salvaterra.

Esquerda Unida Ponteareas pide a reforma do sistema electoral O BNG de Covelo solicita a comparecencia do tenente de alcalde, Pablo Castillo, no Pleno Ordinario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: