O BNG de Covelo solicita a comparecencia do tenente de alcalde, Pablo Castillo, no Pleno Ordinario

24/08/2008 at 10:53 Deixar un comentario

O grupo municipal do BNG de Covelo ven de solicitar a comparecencia no vindeiro Pleno Ordinario de Pablo Castillo, tenente alcalde e alcalde en funcións por tempadas. Xosé Manuel Sendín, portavoz do BNG en Covelo, considera necesaria esta comparecencia despois da publicación dun artigo de opinión de Pablo Castillo nun medio de comunicación no que Castillo dí que os parques eólicos do Suído “non pagan nin o IBI de urbana nin de rústica, nin por suposto o Imposto de Bens de Características Especiais e que só cobrou o ICIO na licencia de obras”.

Diante destas declaracións o BNG considera necesaria a comparecencia de Pablo Castillo no Pleno. Xosé Manuel Sendín vai pedir explicacións de por qué non se cobran estes impostos, dende cando existe esta débeda, a canto ascende o importe pendente de recibir e que medidas pensan tomar para cobrar estes impostos que adebedan as empresas concesionarias de parques eólicos.

Para os nacionalistas as declaracións de Pablo Castillo son insultantes para os veciños e veciñas do concello e poñen de manifesto a nefasta xestión do Partido Popular no goberno de Covelo.
“O PP de Covelo, cunha actitude condescendente coas empresas poderosas e co característico “amiguismo” ao que nos ten afeitos durante décadas é incapaz de facerse valer á hora de cobrar os impostos”. 
Xosé Manuel Sendín cre que as declaracións de Pablo Castillo afondan no “descrédito do concello de Covelo e do Partido Popular, que o goberna, do que Pablo Castillo forma parte cun cargo de alta responsabilidade”.

Entry filed under: Covelo.

O BNG apoia aos veciños que reclaman o pago dos recursos mineiros da PLISAN O BNG de Salvaterra culpa ao grupo de goberno de ‘deixar sen plan xeral de ordenación urbana’ ó concello

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: