Salvaterra celebrou as festas de San Lourenzo

24/08/2008 at 10:15 Deixar un comentario

Salvaterra de Miño honrou a san Lourenzo, titular da igrexa parroquial. A medio día houbo unha misa solemne celebrada polo vicario do bispo, Jesús Gago Blanco e cantada pola coral Lacedorium, seguida dunha procesión que acompañou a banda de música de Salvaterra e varios concelleiros da corporación. Ademais Gago Blanco bendixo a nova imaxe de pedra do patrón que se instalou nun nicho da fachada da igrexa restaurada recentemente. A figura foi doada por un devoto que desexa permanecer no anonimato. Con esta imaxe rematan os traballos de mellora do templo que se iniciaron en 2002, segundo o seu párroco, Bienvenido Vázquez Bugarín.
A presidenta da comisión de festas, Pilar Vaqueiro Gándara, explicou que a comisión recadou máis de 7.500 euros e con eles pagaronse as orquestras, Blue Star e Iris que actuarán pola noite.

Entry filed under: Salvaterra.

Salvaterra treme, un ano máis, ó ritmo do ‘Son da Muralla’ Os regantes da parroquia de Mondariz cortan a estrada que vai a Covelo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: