O BNG de Ponteareas dí que o PP quere impedir a convocatoria aberta das prazas da escola infantil

25/08/2008 at 12:59 Deixar un comentario

O BNG de Ponteareas denunciou que “o PP quere impedir a convocatoria aberta das prazas da escola infantil privando aos veciños de optar a un posto de traballo en condicións de igualdade. Desta maneira, segundo os nacionalistas, “unha vez máis os ponteareáns interesados en traballar no Concello e que reunen as condicións de preparación e capacidade van ser discriminados e non poderán optar a esas prazas en condicións de igualdade”

O BNG relaciona este proceso “argallado polo goberno” co inminente traspaso da escola infantil á Vicepresidencia para convertela en galescola.

Os nacionalistas recordan que “a día de hoxe case todos os traballadores da escola infantil son interinos, non teñen a praza fixa como consecuencia nuns casos da política de precariedade laboral do concello e noutros casos como resultado da política de colocación a dedo seguida durante décadas e que supuxo a condena de José Castro e os gobernos do PP. Por iso, agora Nava Castro e Solla queren facer fixos aos traballadores antes de traspasalos á Xunta”, afirman os nacionalistas.

Así mesmo, o BNG dí que os únicos que teñen dereito a que se lles recoñezan como méritos os anos traballados son aqueles traballadores que accederon á interinidade a través de probas selectivas, pero advirten que “entre os que tamén se poden beneficiar da operación montada por Solla e Castro se atopan varios traballadores incluídos na coñecida “querela dos enchufados” que supuxo a inabilitación de Castro e sete concelleiros máis.”

O traspaso da escola á Xunta foi acordada polo goberno local hai máis dun ano e, segundo os nacionalistas “está paralizada precisamente pola presión que os membros do PP que foron colocados a dedo exercen sobre Nava Castro e Salvador González para blindar os postos que conseguiron ilegalmente”.

O BNG esixe, e así o trasladará ao pleno, que se traspase xa a escola á Vicepresidencia e que sexa o Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e o Benestar quen convoque as prazas que haxa que cubrir en propiedade. Desta maneira, asegura o BNG “todos os cidadáns terán garantías dun proceso de contratación limpo e transparente, dirixido conxuntamente pola Xunta e o concello.”

Na mesma liña, o BNG denunciou a convocatoria dunha praza para a escola infantil “para a que non se esixe a titulación correspondente, o que perxudica a calidade do servizo e discrimina aos cidadáns que contan coa titulación esixible”.

Entry filed under: Ponteareas.

Curso de cata en Salvaterra para aprender a buscar ‘as sensacións que transmite o viño’ O PSOE da Cañiza acusa ao alcalde de respaldar ao constructor Marbar

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: