O BNG inicia o curso político coa súa Festa Nacionalista xunto ao río Tea este sábado día 30 de agosto

26/08/2008 at 21:49 Deixar un comentario

A Festa Nacionalista que o BNG de Ponteareas celebrará o vindeiro sábado 30 de agosto no Parque de San Roque, marca como en anos anteriores, o inicio do novo curso político para os nacionalistas, que estará centrado na política municipal como primeira forza a nivel local e nas eleccións autonómicas.

O lugar da festa, xunto ao río Tea, contará nesta ocasión con paneis explicativos sobre os xogos tradicionais, contribuíndo a crear un espazo lúdico e cultural. A festa comenzará ás 14.30 horas co xantar de confraternidade para continuar despois con diversas actividades musicais e lúdicas, basadas nos xogos populares.

Os nacionalistas organizan esta actividade festiva, aberta a todos os veciños e veciñas, ademáis dos afiliados e simpatizantes, convidando por tanto a participar nela a todos os que queiran pasar unha xornada de lecer que lles permitirá coñecer mellor as tradicións ligadas os xogos populares. Só será necesario reservar para o xantar nos teféfonos. 986 644 026 – 650 528 49, ata o xoves 28.

Segundo Xosé Represas, responsable local do BNG de Ponteareas, os nacionalistas inician con esta actvidade o novo curso político, con importantes retos nos vindeiros meses como; a divulgación da acción de goberno desenvolvida polo nacionalismo desde a Xunta durante os tres últimos anos, que ten resultado transformadora e positiva para Galiza, e a celebración das eleccións ao Parlamento Galego.

Entry filed under: Ponteareas.

O BNG pide a demisión do alcalde de Ponteareas por rescindir o contrato con GOC tras cinco anos de redacción do PXOM O BNG critica ao PP e ao PSOE por non aprobar as suas propostas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: