A Banda de Gaitas de Entenza, Ruote e Quempallou actuarán no primeiro festival ‘Alxén Folk’

30/08/2008 at 19:39 Deixar un comentario

O grupo de baile e gaitas da casa cultural de Alxén organiza o primeiro festival Alxén Folk o vindeiro 13 de setembro a partir das 21:30horas na pista de futbito da casa cultural. Os grupos participantes serán a Banda de Gaitas de Entenza, Ruote e Quempallou.

Ademais, o venres 12 de setembro celebrarase a partires das doce da noite, o primeiro festival “Alxén Pincha”, un festival de Dj´s que contará con Dj´s profesionais, agasallos e música.

O grupo de baile e gaitas de San Paio de Alxén conta con vintecinco compoñentes de idades comprendidas entre os 4 anos e os 23 anos. A directiva do grupo encabézaa Manuel Rodríguez Valcárcel, seguido de Constantino Gómez  Santos.

O grupo formouse no ano 1986 cando xa contaba con trinta compoñentes; dende entón, participa en numerosas actuacións entre as que destacan a de Coimbra, Portugal, a Festa da Muiñeira en Vigo, a Festa da Muiñeira en Salceda de Caselas, a da Festa do Viño en Salvaterra ou a da Festa do Viño en Oleiros…

O grupo de baile e gaitas de San Paio de Alxén decidíu facer o primeiro festival porque, entre outras cousas, querían vivir unha nova experiencia. A directiva asegura que se este ano a iniciativa funciona, continuarán organizando vindeiras edicións. Para recadar fondos venderán camisetas a sete euros.

A directiva agradece a colaboración dos alumnos, nais e pais, así como a colaboración do concello de Salvaterra e as entidades financieiras Caixanova e Caixa Galicia sen esquecer todas as casas comerciais colaboradoras.

Entry filed under: Salvaterra.

A asociación de veciños ‘Cañiza Unida’ pregúntase por que cada ano, para as Festas do Xamón, hai que apuntalar a Praza Maior Lambríaca Produccións actuará o venres 19 de setembro en Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: