A Festa do Viño do Condado, en Salvaterra, cumpre nesta edición os corenta e nove anos de existencia

30/08/2008 at 18:37 Deixar un comentario

Maña domingo, 31 de agosto, seguen os actos con motivo da Festa do Viño do Condado de Salvaterra con pasarrúas de charangas e bandas de gaitas como o Grupo de Bombos ‘Fin do silencio’ de Mazedo-Monçao-Portugal, a partir das 9.30 horas.
As 10.00 horas, desfile de bandas de gaitas acompañadas de grupos de baile galego e do norte de Portugal, en total son 11 formacións.
O principal acto do día será sen dúbida, ás 11.30 a declaración dos ‘Viños Deliciosos’ do ano e a continuación o nomeamento de cofrades. Outro acto central da festa do Viño do Condado vai ser a lectura do pregón, ás 12.00 horas, correrá a cargo de Bruno Kammerer, membro do Consello de Arte de Zúrich; diplomado pola Escola Federal de Viticultura de Wäldenswil e membro da Irmandade dos viños galegos.

A apertura dos ‘stands’ ou expositores con viños das adegas do Condado producirase trala lectura do pregón. Este ano participan as 24 adegas da DO Rías Baixas subzona Condado do Tea.
Para acompañar estes deliciosos caldos, nada mellor que renderse aos praceres da boa gastronomía. Haberá sardiñas, lamprea, polbo e empanada para degustar e acompañar aos viños do condado.
Tamén a música estará presente, coa actuación das charangas Apeles e OT.

Entry filed under: Salvaterra.

A Masa Crítica volta a percorrer as rúas do centro de Ponteareas Ponteareas celebra as festas patronais de setembro cunha morea de actividades para todos os públicos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: