A Masa Crítica volta a percorrer as rúas do centro de Ponteareas

30/08/2008 at 18:31 Deixar un comentario

O Grupo Ecoloxista Adenco, coorganizador da Masa Crítica de Ponteareas, convocou a todos os cidadáns de Ponteareas que quixeron reclamar a posibilidade de empregar a bicicleta como medio de transporte habitual para os seus desprazamentos, a participar nunha nova edición da Masa Crítica de Ponteareas.

A actividade celébrase todos os últimos venres de mes dende o setembro pasado e ten como lugar de saída a Praza da Igrexa de Ponteareas, ás 21h.
Para Adenco a mobilidade é unha cuestión de vital importancia nunha sociedade moderna, pois pode contribuir a reducir as nosas emisións de gases de efecto invernadoiro e mellorar a nosa calidade de vida, fomentando e mellorando o transporte colectivo, humanizando rúas e prazas e reducindo a necesidade de usar o vehículo privado.

Crítica á posibilidade de transitar en coche pola Praza Maior
Adenco quere, ademais, amoasar a súa repulsa á posibilidade de que circulen vehículos de xeito habitual pola Praza Maior e rúas accesorias. Consideran os ecoloxistas que esta zona céntrica de Ponteareas ten que ser para o goce dos veciños, dende os nenos aos maiores, como lugar de esparcemento colectivo, limitando a entrada de vehículos motorizados á carga e descarga e acceso a residentes. Ademais, alerta Adenco, da posibilidade de que se produza un accidente nun lugar de xogo infantil tan concurrido e considera fóra de toda lóxica, introducir o tráfico rodado e crear zonas de estacionamento nun lugar que debería ser de uso exclusivo da cidadanía.

Entry filed under: Ponteareas.

O BNG pregunta polas medidas que o goberno galego vai adoptar para mellorar a cobertura de TDT en Arbo A Festa do Viño do Condado, en Salvaterra, cumpre nesta edición os corenta e nove anos de existencia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: