Cruz Vermella Ponteareas organiza a V edición do tradicional Campamento Urbano

30/08/2008 at 18:13 Deixar un comentario

O vindeiro 3 de setembro comeza a V edición do tradicional Campamento Urbano que a Asemblea Local de Cruz Vermella Xuventude en Ponteares organizou para máis de 30 nenos do municipio ponteareán.
Ao longo de tres días, 3, 4 e 5 de setembro e en horario de 10:30h a 13:30h pola mañá e de 16:30h a 18:30h durante a tarde, levaranse a cabo multitude de actividades e xogos entre os que se atopan: unha ruta de senderismo, unha gymkhana, o gran xogo, manualidades, cancións… todos eles encamiñados a lograr a maior diversión posible ao tempo que aprenden e coñecen antigos contos, lendas, técnicas artesanais e reutilización de materiais de desfeito.
Entre os obxectivos que queren acadar os organizadores están a promoción do xogo como canle de ensino, o fomento da lectura e o desenvolvemento de valores como o respecto, a solidariedade e o compañeirismo.
As sesións levaranse a cabo principalmente no Parque de As Pombas, aproveitando o excelente contorno natural co que conta o municipio, aínda que en caso de chuvia, está previsto o traslado a outras instalacións.
O campamento está dirixido a 30 nenos e nenas do municipio con idades comprendidas entre os 8 e 12 anos e para participar é necesaria a inscrición previa antes do 2 de setembro nas oficinas de Cruz Vermella en Ponteareas.
Esta actividade conta xa, cunha gran tradición dentro da programación de verán da Institución, atendendo desde o 2004 a máis de 180 nenos e nenas en anteriores edicións.
Todas as actividades están organizadas e deseñadas por un equipo de 15 voluntarios e voluntarias que pertencen á sección xuvenil de Cruz Vermella en Ponteareas e que participan en diferentes actividades durante todo o ano.

Para maior información e inscrición dirixirse a Cruz Vermella na rúa das Pombas s/n Centro Multiusos ou no teléfono: 986 641794 mail: ponteareas@cruzroja

Entry filed under: Ponteareas.

O BNG de Ponteareas propón un Plan de Humanización “para rematar coas chapuzas do PP” Adenco prepara un roteiro polos vertidos do Tea dende San Roque a Moscadeira, en Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: