O BNG de Ponteareas propón un Plan de Humanización “para rematar coas chapuzas do PP”

30/08/2008 at 18:07 Deixar un comentario

O BNG de Ponteareas, a través do seu portavoz municipal, Bolívar González, atribuíu á “falla de planificación do goberno do PP” a realización de “novas chapuzas nas obras de humanización das rúas Reveriano Soutullo e Darío Bugallal”. Segundo o portavoz nacionalista, o goberno que preside González Solla “volve despilfarrar os cartos públicos con obras nas que se volven cometer erros imperdonables”. Bolívar González destaca que “na rúa Reveriano Soutullo, no seu tramo inicial, á altura do cruce coa rúa Senén Canido e Amado Garra, as novas beirarrúas teñen unha anchura que non acada 1 metro e polas que dificilmente poden circular cadeiras de rodas ou carriños de cativos”. O BNG considera que, nunha rúa comercial de tanto tránsito coma esta é unha irresponsabilidade e unha mostra de incapacidade do PP que as beirarrúas quedasen en determinadas zonas cunha anchura semellante á que existía anteriormente”.

En canto á rúa Darío Bugallal, os nacionalistas lembran que a nova actuación consiste en “remendar a chapuza cometida hai varios anos cando se pavimentou a rúa cuns adoquíns non aptos para unha zona de paseo”. O BNG lamenta que “o PP corrixa o seu erro varios anos máis tarde, por non ter atendido as peticións do BNG en 2004 cando se estaba a tempo de evitar o erro. Por causa desa irresponsabilidade, agora o gasto nesta obra duplicouse, superando os 100.000 euros”. O nacionalista engade que esta actuación “é outra chapuza e un parche, pois supón substituír apenas o 50% do pavimento, deixando a outra metade cos adoquíns antigos e polo tanto impracticábel. O PP perdeu a oportunidade de arranxar toda a rúa”, conclúe Bolívar González.

O BNG recorda que leva varios anos pedindo ao goberno “a redacción dun proxecto integral de humanización de Ponteareas que sexa consensuado coas forzas políticas, colectivos veciñais e de comerciantes. Nese plan determinaríanse as peonalizacións e semipeonalizacións, actuacións en aparcamentos, mellora de prazas e beirarrúas…”. Ese plan foi rexeitado cos votos do PP e PSOE no último pleno da Corporación no que o BNG propuxo incluír nos orzamentos unha partida para elaboralo neste ano 2008. O BNG dí que “a humanización da Praza Maior, de Darío Bugallal ou agora de Reveriano Soutullo demostran que o PP non ten proxecto de concello nin capacidade para proxectar e executar correctamente obras importantes para mellorar a calidade de vida dos ponteareáns”.

Entry filed under: Ponteareas.

Valcárcel entrega os diplomas do curso de informática en Salvaterra Cruz Vermella Ponteareas organiza a V edición do tradicional Campamento Urbano

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: