O concello de Ponteareas cede aos veciños ás novas instalacións da casa cultural

10/09/2008 at 17:00 Deixar un comentario

O Concello de Ponteareas formalizou, coa entrega de chaves, a cesión das instalacións da nova Casa Cultural de Santiago de Oliveira á parroquia do mesmo nome. As veciñas e veciños de Santiago de Oliveira dispoñen, pois, dunhas novas instalacións onde poder reunirse e desenvolver actividades nun inmoble en desuso rehabilitado polo Concello de Ponteareas a través dun obradoiro de emprego.

O alcalde da vila, Salvador González Solla e concelleiros do Goberno local, asistiron o sábado, 6 de setembro, á entrega de chaves aos integrantes da Asociación Casa Cultural de Santiago de Oliveira.

As novas instalacións foron rehabilitadas por alumnos do Obradoiro de Emprego do Concello, que colaborou no financiamento das obras e na instalación de mobiliario, así como na dotación de material para unha pequena biblioteca que dispón este novo centro. As obras foron inauguradas no seu día dentro do remate de actividades do Obradoiro Municipal de Emprego.

A Casa Cultural, de planta baixa, conta agora cun salón de actos-sala de reunións, dependencias para os distintos colectivos, aseos adaptados, e unha pequena biblioteca. No inmoble que acolle esta casa cultural estaba emprazada a antiga Escola Unitaria de Santiago de Oliveira, desafectada no seu día pola Consellería de Educación e posteriormente propiedade municipal.

O Concello de Ponteareas, dentro do seu proxecto para dotar ás parroquias de máis espazos para os veciños,  rehabilitou o edificio e púxoo a disposición de todos os colectivos da parroquia como centro de reunións e desenvolvemento de actividades.

Entry filed under: Ponteareas.

Lambríaca Produccións actuará o venres 19 de setembro en Ponteareas O BNG de Ponteareas solicita ao goberno municipal que colabore có xuiz Baltasar Garzón

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: