Adenco realiza un roteiro a pé polos vertidos do río Tea

12/09/2008 at 14:41 Deixar un comentario

Mañá sábado 13 de Setembro o Grupo Ecoloxista Adenco organiza un roteiro a pé polos vertidos do Río Tea en Ponteareas.
Na zona urbana do Río Tea en Ponteareas son frecuentes os vertidos ao Río Tea. Para coñecelos, para difundir a problemática, para esixir unha solución xa, para… Por iso este roteiro, para que se evidencie o problema, como un acto máis do programa das Festas de Setembro.
O roteiro é de dificultade baixa, accesible a nenos e maiores e partirá ás 17:30h da Ponte de San Roque e irá até á Moscadeira, onde se sitúa a ‘depuradora’ de Ponteareas. No corto traxecto hai vertidos continuos ou puntuais en San Roque, detrás do Restaurante El Otro Mundo del Tea, na desembocadura do Río Xinzo, na praia da Moscadeira, na depuradora, outros dous puntos de vertido augas abaixo da depuradora, …  Ten unha duración prevista de dúas horas.
Adenco demandará unha vez máis ao Concello de Ponteareas unha solución urxente a este problema, de responsabilidade unicamente municipal.
O roteiro é unha actividade libre e gratuita do Grupo Ecoloxista Adenco, na que non é necesario apuntarse previamente, e aberto a nenos e maiores.

Entry filed under: Ponteareas.

Ponteareas acolle esta fin de semana os festivais de Música Electrónica e a XXI edición do Folclórico do Condado Cruz Vermella Ponteareas pon en marcha o novo proxecto de lecer e tempo libre para a terceira idade

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: