O goberno de Ponteareas aproba a contratación do remate da humanización da Praza Maior, rúa Esperanza e Praza Arxentina

12/09/2008 at 14:25 Deixar un comentario

A Xunta de Goberno do Concello de Ponteareas aprobou na súa reunión semanal o expediente de contratación da obra para o remate da humanización da Praza Maior, Rúa Esperanza e Praza Arxentina, no casco urbano da vila, por importe de 60.000 euros.
Os traballos, nos que o Concello aporta o 30 por cento do investimento e contan tamén coa colaboración económica da Consellería de Industria, enmarcanse no plan de humanización de contornos urbanos que desenvolve o Goberno local de Ponteareas, e contemplan labores de pavimentado e colocación de novo mobiliario urbano, no tramo Praza Maior- Rúa Esperanza- Praza Arxentina.

A Xunta de Goberno aprobou o expediente de contratación destas obras a través dun procedemento negociado, así coma o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán a súa contratación.

O alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, sinala que en pouco tempo o Goberno iniciará estas novas obras, que veñen a completar os proxectos de humanización xa iniciados polo concello no casco urbano ponteareán.

Entry filed under: Ponteareas.

O concello de Ponteareas presenta na Deputación as partidas para a construción do novo polideportivo e da reforma do auditorio O goberno de Ponteareas lembra que o BNG non executou ningunha humanización na súa etapa ao fronte do concello

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: