O concello de Ponteareas inicia a construción de dous depósitos de auga potable en Seca e Cortellas, na parroquia de Padróns

18/09/2008 at 21:31 Deixar un comentario

O Concello de Ponteareas iniciou estes días a construción dos dous depósitos de auga potable emprazados nos barrios de Seca e Cortellas, na parroquia de Padróns. Así o anunciou o alcalde, o popular Salvador González Solla, quen lembrou que as obras para a construción destas infraestructuras se enmarcan no Plan Provincial de Cooperación da Deputación de Pontevedra, e teñen un custo aproximado de 78.000 euros.

Os traballos consistirán na execución de dous depósitos de auga potable de formigón armado con 200.000 litros de capacidade cada un deles. Ademais, as obras contemplan tamén a construcción de dúas casetas, así como as respectivas conexións.

O goberno de Ponteareas lembra que estas novas infraestructuras de abastecemento de auga veñen a completar as construídas noutras parroquias, como Portela (Padróns), Guillade, Prado e Cumiar, e anuncia a próxima licitación de máis depósitos de auga potable, coma o que se construirá proximamente en Arnoso. O alcalde de Ponteareas expresa a súa intención de continuar coa política de avance de infraestructuras de abastecemento de auga nas parroquias.

Entry filed under: Ponteareas.

Cruz Vermella Ponteareas pon en marcha o novo proxecto de lecer e tempo libre para a terceira idade EU-IU presentará alegacións ó Plan Vigo Íntegra

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: