O alcalde de Ponteareas explica aos veciños o remate das obras da casa cultural de San Mateo

19/09/2008 at 14:50 Deixar un comentario

O alcalde de Ponteareas, o popular Salvador González Solla, mantivo un encontro con colectivos veciñais de San Mateo de Oliveira para explicarlles os proxectos de da cuarta fase e do remate das obras da Casa Cultural.
A xunta de goberno do concello de Ponteareas celebrada o 15 de setembro, aprobou o expediente de inicio de contratación da cuarta fase dos traballos deste centro cultural por un importe de 60.000 euros

González Solla, quen trasladou a principios de ano á Xunta de Galicia a necesidade de acometer esta actuación e asinou o pasado 11 de setembro o convenio para a súa execución, explicou aos veciños da parroquia os detalles das fases que suporán o remate desta nova infraestructura cultural, que o Concello entregará á parroquia para o uso e disfrute de todos os colectivos. Ademais, o alcalde ponteareán plantexou aos veciños a necesidade de constituír unha asociación conformada por representantes de todos os colectivos da parroquia pola que se rexerá este novo centro.

O proxecto para a execución da cuarta fase de obras no centro foi aprobado pola Xunta de Goberno do Concello de Ponteareas o pasado 7 de abril, mentres que a quinta fase e final do proxecto, que suporá o remate dos traballos, por un importe aproximado de 30.0000 euros, a asumirá o propio Concello.

As obras consisten na dotación dun novo centro cultural para a parroquia de San Mateo de Oliveira, no termo municipal de Ponteareas, emprazado ó carón do campo de fútbol de San Mateo, e contemplan traballos para a conexión do saneamento no centro, pavimentado, alicatados, carpintería e electricidade, pintura e dotación mobiliario.

Ademais de rematar a vivenda, o alcalde asumíu o compromiso ante os veciños de que o Concello instalará un parque infantil na zona e colaborará no acondicionamento do campo de fútbol.

Terceira fase
O concello de Ponteareas rematou a terceira fase das obras do Centro Cultural de San Mateo o pasado mes de xaneiro. O investimento para a execución da primeira, segunda e terceira fase desta nova infraestructura acendeu a 150.000 euros. O concello de Ponteareas, que dirixe o popular Salvador González Solla, executou estas obras en virtude dun convenio de colaboración asinado coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia no ano 2005, que entón presidía o conselleiro do Partido Popular Xesús Pérez Varela.

A construción desta infraestructura responde á aposta do Partido Popular de Ponteareas para dotar a todas as parroquias do termo municipal dun centro cultural, e reflicte o traballo realizado nese sentido para que en pouco tempo os veciños desta e outras parroquias conten con novas infraestructuras onde os cidadáns poidan ter o seu centro de reunións e realizar actividades diversas.

Entry filed under: Ponteareas.

Fozara organiza unha agrupación para protexer os seus montes dos incendios O PSOE valora as inversións da Consellería de Educación en Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: