O BNG de Covelo pregunta ao grupo de goberno pola subvención para a construción da casa de cultura de Prado da Canda

19/09/2008 at 14:52 Deixar un comentario

O BNG de Covelo adianta que a Deputación Provincial dedicara 80.000 € á construción do centro sociocultural de Prado da Canda. Francisco Rocha, responsable local do BNG de Covelo, dí que lle parecen poucos cartos.
Para Francisco Rocha, non se pode entender que no 2007 o Concello solicitase unha subvención con cargo ao programa de acción municipal, por valor de 125.500 €. O deputado do BNG na Deputación de Pontevedra, Gabriel Martinez, preguntou o Sr Presidente da institución provincial polo feito de que si estaba ou non concedida esta subvención, a pregunta foi presentada o 30 de maio do presente ano, “a día de hoxe non foi quen de contestar”.

O responsable local manifesta que aínda que o Concello xa ten os terreos mercados o 14 de Setembro de 2006, dende aquela ata hoxe non se fixo ningunha intervención nos mesmos.
“Nunca se fixo nada que poida xustificar os 125.500 €. Para o BNG de Covelo é difícil entender que despois de todo isto apareza o Sr Louzán con só 80.000 €”.

Francisco Rocha cre que o Concello debe explicar que pasou cos 125.500 €.
“No BNG consideramos que se esta a facer un uso electoralista dunha demanda veciñal. Os 80.000 € están moi lonxe de completar os 125.500 € solicitados polo goberno popular. Isto só pode obedecer a dúas causas, ou ben un escaso ou nulo interese polas necesidades dos veciños, cousa da que xa estamos acostumados, ou ben á pouca credibilidade do PP de Covelo nas institucións, incluso nas gobernadas polo propio PP. Con intervencións de tan escaso calado presupoestario os veciños de Prado da Canda, terán unha casiña, en vez dun centro sociocultural”.

Entry filed under: Covelo.

O PSOE valora as inversións da Consellería de Educación en Ponteareas O PP urxe á Xunta o arranxo da ponte sobre o río Tea na PO-523

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: