A FEG rexeita o Plan Vigo Íntegra e solicita a súa revocación

09/10/2008 at 17:26 Deixar un comentario

A Federación Ecoloxista Galega, que agrupa a máis de quince colectivos ambientalistas de Galiza, presentou nestes días alegacións ao Plan Viario Integral Área de Vigo, coñecido como Plan Vigo Íntegra.
Para a FEG, o modelo de desenvolvemento das infraestructuras de transporte para Vigo e a súa zona de influencia que plantexa Política Territorial afonda na insostibilidade do modelo de transporte actual e fomenta, inequivocamente, o uso do vehículo privado para os desprazamentos e o transporte de mercadorías por estrada.
Segundo éstes ningunha das actuacións plantexadas conta con apoio social, nen moito menos consenso en canto aos trazados previstos, e condena, no caso de aprobarse, a miles de cidadáns galegos, que verán alterado o territorio, aínda que non se constrúan os viais, polo menos até 2020.
Na cuestión ambiental, os ecoloxistas explican que o Vigo Íntegra é un conxunto de despropósitos e en ningún momento camiña cara ao obxectivo plantexado pola propia Consellaría, é dicir, “definir unha estratexia de mobilidade sostible mediante a disociación entre o crecemento do transporte e o crecemento económico, o desenvolvemento de alternativas ao transporte en vehículo persoal, ao transporte de mercadorías por estrada e a medición correcta dos seus custes”.
“Todo o contrario, o Vigo Íntegra prevé medidas para incrementar a comunicación e a mobilidade de persoas e mercancías exclusivamente por estrada, un plan baseado nun modelo que hoxe xa está a dar síntomas de esgotamento, como queda plasmado na subida constante dos combustibles e a perentoria procura de solucións ao cambio climático”.
Engade a FEG que o Vigo Íntegra esquece o transporte colectivo, o ferrocarril e o autobús, descoñece a intermodalidade e simplemente planifica viais e máis viais, circunvalacións, novas autovías, ampliacións das existentes, novas pontes e vias de alta capacidade, tecendo un chapapote destrutor no Sur de Galicia.
O Vigo Íntegra, para os ecoloxistas, enfróntase directamente a diferente normativa galega, estatal e europea, como son a Lei da Paisaxe de Galicia, o Plan de Acción 2004-2012 da Estratexia de Aforro e Eficiencia Enerxética en España, o Plan Estratéxico de Infraestructuras e Transporte, aprobado polo Ministerio de Fomento e/ou o Libro Branco da Política Europea do Transporte de cara a 2010.
Para a Federación Ecoloxista Galega, a Administración debería apostar decididamente polo transporte colectivo.

Entry filed under: A cañiza, Arbo, As Neves, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salvaterra.

Máis de catro mil persoas participaron na ciberacción contra os monocultivos forestais Próxima mellora da estrada Covelo-Barciademera

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: