Delfina Corbacho estrea fogar en Riofrío, Mondariz, logo de anos de sofrimento

09/10/2008 at 17:21 Deixar un comentario

Delfina Corbacho está de noraboa e séntese a raíña do seu novo fogar que grazas a unha axuda da Xunta en colaboración cos servizos socias do concello puido rehabilitar.
Atrás quedan os anos nos que a choiva e o frío entraban por cada rincón do seu fogar.
Esta veciña da parroquia de Riofrío, en Mondariz, naceu e vivíu toda a súa vida na casa materna, unha edificación que foi deteriorándose ata o punto de estar na máis absoluta ruina. Nestas condicións de miseria vivíu Delfina Corbacho a meirande parte dos anos.
Agora, coa axuda da Xunta, o concello e Cáritas goza por vez primeira aos seus 85 anos dun fogar con cuarto de baño, microondas, neveira, lavadora e cociña económica.
Para Delfina isto é todo un luxo xa que o único “electrodoméstico” co que contaba ata fai dous meses era a súa lareira que servía tanto para facer a comida como para quecer o fogar.
Agora tamén dispón de dous fogóns eléctricos que procura non utilizar demasiado para non gastar luz.
O aforro é fundamental para poder chegar a fin de mes, así o asegura esta muller de Mondariz que sobrevive cunha pensión non contributiva de pouco máis de 300 euros.
“Teño que acalmarme co que teño, non vou ir roubar nin pedir. Xa pedín moito nesta vida”.
Delfina Corbacho vive soa dende hai moitos anos. Foi nai e avoa pero a mala sorte quixo que as suas descendentes padecesen unha discapacidade psíquica que os levou ao ingreso en distintos centros.
Asegura que traballou moito toda vida, tanto vendendo rosquillas como no campo pero, en cambio, nunca tivo a sorte de poder gozar dunha vida folgada. Agora séntese agradecida con todos aqueles que a axudaron, sobriños incluídos, e en especial, co cura de Riofrío que lle prestou a casa rectoral para que vivise nela os dous anos que duraron as obras de rehabilitación do seu fogar.

Entry filed under: Mondariz.

A OMIX de Mondariz oferta cursos de ioga e informática A Deputación compromete varias axudas por valor de 241.000 euros en Covelo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: