Fomento mellorará o equipamento dos túneles do Folgoso na A-52

09/10/2008 at 17:15 Deixar un comentario

Máis de dez melloras de importante envergadura serán as que teña que realizar o Ministerio de Fomento para por ao día o coñecido túnel da  A-52. Se ben no seu día esta infraestructura fixo que se retrasase a inauguración, hoxe é necesario unha inversión de máis de vinte millóns de euros para garantir a seguridade.
O Consello de Ministros ven de autorizar ao Ministerio de Fomento a licitar as obras para mellorar o equipamento de seguridade na explotación dos  dous túneles do Folgoso na estrada A-52.
A presente actuación ten por obxeto a realización das actuacións necesarias da obra civil, instalacións e edificiación para que os túneles do Folgoso cumpran cos requisitos mínimos de seguridade establecidos no Real Decreto 635/2006.

Características técnicas
As instalacións necesarias para a adaptación dos túneles á normativa vixente concrétase, principalmente, na presurización de galerías para evitar a propagación da calor e o fume. Ademais, faranse melloras no centro de control, así como a instalación dun circuito pechado de televisión e o rediseño do sistema actual de ventilación tendo en conta as diferentes normativas e previsión do aumento do tráfico.
A obra compleméntase con outra serie de instalacións como os sistemas informáticos de extración de fumes; xeneradores de emerxencia, doble suministro eléctrico, sistema de alimentación ininterrumpida; cable de deteción de incendios, postos de emerxencia; sinalización de saídas de equipos de emerxencia; paneis de sinalización variable; barreras exteriores; megafonía, rede de hidrantes; sistema de radiocomunicación para servizos de emerxencia e a axeitación dos equipos para a resistencia ao lume.
Tamén se executarán as edificacións necesarias para a adecuación dos túneles correspondentes a un novo edificio de control anexo ao actual, donde se ubicarán os equipos necesarios para o control dos túneles, e a urbanización da parcela e a execución de melloras na  nave de sal.
Ademais, realizaranse traballos como a  rehabilitación superficial e estructural do firme, o biselado de beirarrúas para que éstas sexan remontables polos conductores; obras para a captación de vertidos perigosos que poidan ocasionar que se propague un incendio no interior dos túneles; canalización das filtracións de auga.
Outra das acccións que se acometerán é a colocación dun dispositivo antideslumbramento para impedir que o sol deslumbre aos conductores na saída do túnel en sentido Ourense-Vigo.
Así mesmo, executaránse plantacións e hidrosembra nas bocas dos túneles, así como a colocación da sinalización e o balizamento que dispón a normativa.

Entry filed under: A cañiza.

O BNG de Ponteareas anuncia que presentará enmedas aos orzamentos do Estado Os afectados polo caso Marbar na Cañiza emprenden accións reivindicativas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: