Máis de catro mil persoas participaron na ciberacción contra os monocultivos forestais

09/10/2008 at 17:25 Deixar un comentario

O pasado 21 de setembro, co gallo do Día Mundial contra os Monocultivos forestais, a Federación Ecoloxista Galega promoveu unha ciberacción en contra do continuísmo no fomento e promoción dos monocultivos de eucalipto en Galiza. Esta ciberacción contou co apoio de máis de 4000 persoas, que esixiron á administración o fomento dos usos ambientais e sociais e a diversificación de productos do monte. 

Os monocultivos forestais supoñen unha ameaza á biodiversidade, tanto pola destrución de ecosistemas como pola ocupación de terreos adicados á produción de alimentos, mais tamén a desaparición dunha cultura como a nosa que en gran parte, e ate non hai tanto tempo, xiraba entorno ás fragas e á sua riqueza.
Logo de 50 anos de monocultivo de eucalipto, Galiza é un exemplo da degradación ambiental, social e económica que supón a transformación de monte en monocultivo ao servizo da industria da pasta de papel, coa conseguinte transformación dunha paisaxe rica e variada nun deserto verde monótono e pobre.
Conscientes deste feito a Federación Ecoloxista Galega (FEG) en colaboración coa ONG alemana Rettet den Regenwald (Salva la Selva) promoveu unha ciberacción para facilitar o envío de correos electrónicos aos responsábeis destes feitos da administración galega (Conselleiros de Medio Rural e Medio Ambiente, Presidente da Xunta de Galicia).
A FEG valora positivamente esta ciberacción, xa que ate hoxe máis de 4000 persoas apoiaron esta ciberacción e enviaron as súas mensaxes aos nosos responsábeis políticos.

Entry filed under: A cañiza, Arbo, As Neves, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salvaterra.

Ciclo de teatro en Salvaterra A FEG rexeita o Plan Vigo Íntegra e solicita a súa revocación

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: