O alcalde de Ponteareas reúnese cos veciños de Arcos e Fontenla

09/10/2008 at 17:07 Deixar un comentario

O alcalde de Ponteareas, o popular Salvador González Solla, reuniuse cos veciños das parroquias de Arcos e Fontenla para explicarlles todas as actuacións que está a levar a cabo o Goberno local de Ponteareas respecto ao plan viario da Xunta de Galicia Vigo Íntegra.
Acompañado dos deputados autonómicos do Partido Popular Alejandro Gómez -voceiro de infraestructuras- e César Ares -deputado da comarca- o alcalde da vila do Tea trasladou aos representantes veciñais toda a información e actuacións levadas a cabo en relación con este proxecto.
Entre as accións emprendidas polo goberno esta a presentación dunha proposición non de lei a través do grupo parlamentario popular na que se insta ao goberno da Xunta a reformar a variante de Ponteareas, así coma unha interpelación á conselleira de Política Territorial -tamén a través do grupo parlamentario popular- para o rexeitamento do Plan Vigo Íntegra. Tamén, o alcalde de Ponteareas, o popular Salvador González Solla, xa ten solicitada unha entrevista co Director xeral de Obras Públicas, para informarlle persoalmente sobre as alegacións presentadas a este documento.

Entry filed under: Ponteareas.

Os nacionalistas de Ponteareas acusan a Solla de agravar os conflitos cos veciños Inícianse as obras que rematarán o saneamento do barrio de Canedo, en Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: