O BNG acusa a Louzán de pagar unha obra non realizada

09/10/2008 at 17:04 Deixar un comentario

En maio do pasado ano, na campaña das eleccións municipais do 2007, o PP anunciaba na prensa a próxima construción da fonte luminosa na Praza do Axente Comercial. Dende aquela, no lugar previsto para a fonte, atópase un cartel publicitario anunciando a próxima construción, despois de 17 meses, o cartel xa vai deteriorado e no lugar non se fixo nada.
Segundo o Deputado Provincial do BNG, pola comarca do Condado, Gabriel Martínez,  a Deputación realizou, hai varios meses, o pago ao Concello de Ponteareas de 60.099,99 euros, en concepto de “Remodelación da Glorieta do Axente Comercial”.
“No vindeiro Pleno da Deputación Provincial, o Presidente, Rafael Louzán terá que responder por un feito tan grave coma este, de pagar unha obra da que non se realizou absolutamente nada”.
Os nacionalistas consideran que pode ser un caso de falsedade documental.

O goberno local resposta
O Goberno de Ponteareas quere aclarar neste sentido que o cobro desta cantidade debeuse única e exclusivamente a un erro administrativo do organismo provincial, que fixo un ingreso indebido que foi detectado e corrixido, xa que esa cantidade xa foi compensada.
Puntualizan, pois, que se trata dun problema alleo que foi detectado e arranxado e lembra que o proxecto “Saneamento e remodelación da glorieta do Axente Comercial” foi unha obra incluída no Plan de Actuacións Municipais (PAM) 2008 da Deputación Provincial.
Polo tanto, a obra da fonte luminosa atópase en licitación, e cando se contrate e se certifique ante o organismo provincial, este procederá ao pago da mesma ao Concello.

Entry filed under: Ponteareas.

O PP urxe á Xunta o arranxo da ponte sobre o río Tea na PO-523 O Plan de Saneamento Económico a debate en Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: