O concello de Salvaterra envía as alegacións ao Vigo Íntegra

09/10/2008 at 17:19 Deixar un comentario

O concello de Salvaterra presentou  na consellería de Política Territorial, unha serie de alegacións ao proxecto Plan sectorial Vigo Íntegra-Plan Viario Integran Área de Vigo. O prazo de alegacións rematou o pasado mércores día 17 de setembro.
En relación ó trazado do vial de acceso Plisan-PO.550, o concello propón afastar o trazado do vial novo de enlace co Porto Seco, desde a actual rotonda de Oleiros, xa que afecta a unha vivenda de máis de 20 anos e outra que se está construír. Este vial de  acceso PLISAN-A52 enlace Puzo, autovía PLISAN-PO510 e conexión A-52 (Puzo-Salvaterra) coa N-120 Ponteareas, servirá tamén de conexión no futuro coa nova ponte internacional cara a Monçao.
Outra alegación do concello de Salvaterra tamén propón afastar cara ao oeste este novo vial para evitar as vivendas existentes en Chan de Goia.
Ademais, suxiren que na estrada Porriño-Salvaterra,  PO-512, se constrúan carrís para desdobramento da estrada actual ou construír unha vía rápida ou autovía.
En canto a PO-403, Ponteareaas-A52-Salvaterra, o concello propón construír unha autovía ou vía rápida, con variante ao casco urbano de Salvaterra enlazando coa ponte internacional.
Outra vía rápida ou mellora da actual estrada con variantes e tramos novos é o que se propón sobre o trazado da PO-404, Guillarei-Salvaterra.
Finalmente, con respecto á PO-402, Salvaterra-Oleiros-Enlace A52 en Batalláns-Vilasobroso, o concello de Salvaterra opta por aproveitar este trazado para construír tramos novos evitando as perigosas curvas e mellorando a súa anchura.

Entry filed under: Salvaterra.

Salvaterra incluirase no Plan Sectorial de Solo Residencial Os nacionalistas de Mondariz acusan ao concello de devolver unha subvención

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: