O PP urxe á Xunta o arranxo da ponte sobre o río Tea na PO-523

09/10/2008 at 17:03 Deixar un comentario

O Partido Popular de Ponteareas insta á Xunta de Galicia a executar de forma urxente as obras de acondicionamento da ponte sobre o río Tea no tramo da estrada PO-523 que une Ponteareas e Pazos de Borbén ante o perigo que entraña o mal estado de conservación desta infraestructura, emprazada sobre unha estrada cun elevado tránsito de vehículos.
Os populares de Ponteareas urxen á Consellería de Política Territorial o acondicionamento da ponte despois de coñecer a resposta que dende o departamento autonómico ofrecen ao deputado do Partido Popular César Ares, quen se interesou polas previsións da Xunta en relación con esta actuación.
Segundo o PP na súa resposta parlamentaria, o departamento que dirixe María José Caride anuncia a súa intención de facer un inventario e unha inspección técnica da ponte antes de determinar calquera actuación.  “Considera que o resultado de dita inspección determinará o estado de conservación da infraestructura e o procedemento dalgunha actuación concreta sobre a ponte”.
Ademais, os populares insisten en que Política Territorial resposta tamén que, entroutras actuacións prioritarias está a redacción dun proxecto de construcción dun muro de contención do talud no contorno da PK 9000.
Os populares lembran que dende o Concello de Ponteareas dirixíronse xa en dúas ocasión á Consellería de Política Territorial co obxectivo de que efectuara as melloras de xeito urxente, advertíndolle do perigo e o risco que o mal estado da infraestructura supón para os numerosos vehículos que circulan pola estrada PO-523. O PP considera que esta obra non pode demorarse máis e esixe á Xunta de Galicia unha actuación inmediata.

Entry filed under: Ponteareas.

O BNG de Covelo pregunta ao grupo de goberno pola subvención para a construción da casa de cultura de Prado da Canda O BNG acusa a Louzán de pagar unha obra non realizada

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: