O PPdeG pide a modificación do plan viario de Vigo

09/10/2008 at 17:10 Deixar un comentario

O Grupo Parlamentario Popular rexistrou na Cámara autonómica unha proposición non de lei para instar á Xunta a modificar o trazado da variante de Ponteareas, recollida no Plan Vigo Integra, por entender que resulta inasumible polo elevado número de vivendas que se van ver afectadas, moitas delas de recente construción, nas parroquias de Arcos, Fontenla e Angoares.
O autor da iniciativa, o deputado César Pérez Ares, insta á Xunta a consensuar a redefinición do proxecto co concello de Ponteareas de xeito que se deseñe  un novo trazado que minimice os prexuízos que o actual vai causar aos veciños da zona.
O deputado popular atribúe a irracionalidade dos trazados á “soberbia da Consellería de Política Territorial -autora do documento-, que redactou o proxecto  de costas aos concellos afectados, ata o punto de rexeitar a colaboración e a información oficial que lle foi ofrecida desde os diferentes servizos municipais”. Pérez Ares entende que para introducir racionalidade no plan, a Xunta debería contar coas achegas dos diferentes técnicos municipais, por ser os que mellor coñecen as peculiaridades e cada barrio ou de cada unha das parroquias afectadas.
O elevado volume de alegacións formuladas desde concellos como Gondomar, Nigrán ou Ponteareas revelan, en opinión do PPdeG, o escaso acerto da proposta que a Xunta trata de impoñer.

Entry filed under: Ponteareas.

O pleno de Ponteareas aprobou por unanimidade o anteproxecto do aparcamento soterrado As obras de reforma do Centro de Día de Discapacitados custarán 70.000 euros

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: