Os nacionalistas de Mondariz acusan ao concello de devolver unha subvención

09/10/2008 at 17:20 Deixar un comentario

O BNG de Mondariz asegura que o alcalde, Julio Alén ven de asinar un decreto polo que renuncia a unha subvención da Consellería da Presidencia que estaba destinada a adquirir un novo vehículo policial. A subvención fora solicitada polo propio Concello ante a necesidade urxente de dotar á Policía Local dun novo vehículo que optimizase a mobilidade dos tres  axentes cos que conta este corpo de seguridade.
A subvención, xa fora aprobada pola Xunta de Galiza, que  achegaba 15.000 € para a adquisición dun  vehículo Citroën C4,  dotado con ponte luminosa, luces rotativas, amplificador de sirena e autofalante e cartelería homologada. A cambio o concello debía facerse responsable do  mantemento, conservación, seguro e unha achega mínima por parte da administración local, neste caso o 25% do total (5.000 €).
Mónica Peralba, portavoz nacionalista en materia económica, afirmou que “se o Concello de Mondariz tivese aprobados os orzamentos do ano 2008, como obriga a lei, e se o goberno municipal do PP gastase con cabeza Mondariz tería un novo vehículo para a Policía Local ó servizo da cidadanía “. Mónica Peraba lamentou que a “caótica xestión” do Partido Popular (con maioría absoluta no concello)  redunde no deterioro dos servizos que reciben os veciños e veciñas e na perda de multitude de fondos e recursos.

Concello empeñado
Segundo os nacionalistas xa se esgotou  o orzamento co que non se pode afrontar gastos correntes como o recibo da luz, que xa deixou de  ser pagado.
Á altura de finais do pasado mes de xullo o servizo de Intervención xa tomou as medidas oportunas para blindar os salarios dos traballadores municipais de aquí a fin de ano, de maneira que todos eles teñan garantido o cobro dos seus salarios. O mesmo fixo cos préstamos bancarios fixos que o Concello está obrigado a cubrir.
Peralba asegura que o pasado ano 2007 o Concello recoñecía unha débeda de 192.323 millóns das antigas pesetas. Este ano a débeda aumentou ata chegar aos 480.809 millóns.

Entry filed under: Mondariz.

O concello de Salvaterra envía as alegacións ao Vigo Íntegra A OMIX de Mondariz oferta cursos de ioga e informática

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: