Salvaterra incluirase no Plan Sectorial de Solo Residencial

09/10/2008 at 17:18 Deixar un comentario

O BNG de Salvaterra levou a pleno unha iniciativa para solicitar á Consellería de Vivenda e Solo que inclúa ao concello dentro do Plan Sectorial de Solo Residencial para Vivenda Protexida de Galiza.
Segundo o portavoz municipal, Gabriel Martínez, con esta moción o grupo municipal do BNG pretende dar solución ás continuas demandas dos veciños e veciñas de Salvaterra que solicitan este tipo de vivenda.
Segundo os nacionalistas o Concello de Salvaterra na actualidade carece de vivenda protexida e nas normas subsidiarias de planeamento municipal non contempla terreos para a súa construción.
“Se ademais  temos en conta o previsible incremento de poboación derivada da actividade empresarial da PLISAN fai impriscindible a inclusión do noso concello dentro do Plan Sectorial de Solo Residencial”, afirma o nacionalista.
Así mesmo, engaden que a conselleria de  Vivenda e Solo, que dirixe Teresa Táboas, está elaborando o primeiro Plan Sectorial de Solo Residencial para Vivenda Protexida de Galiza, un instrumento que permitirá planificar o solo destinado a vivenda protexida nun horizonte temporal de 10 anos, en función da demanda social e con independencia da situación na que se atopen os plans xerais de ordenación municipais.
Para o BNG, o goberno municipal do PP, está inmerso na “deixadez e desinterese, pois Salvaterra non pode continuar un día máis cunhas Normas Subsidiarias de Planeamento municipal do ano 1993. Para que Salvaterra progrese é imprescindible a aprobación dun novo Plan Xeral de Urbanismo: que planifique os servizos e dotacións necesarias tanto da vila como nas parroquias, sempre dun modo ordenado e sustentable, que permita que Salvaterra siga crecendo e que os veciños e veciñas de Salvaterra non teñan que marchar a vivir a outros concellos da comarca”.

Resposta do alcalde
O alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, afirma que este asunto tratouse hai poucos días en Vigo nunha reunión co delegado de Vivenda e Solo. Aclara Grandal que non se trata de facer vivendas protexidas proximamente, senón de preparar soamente os terreos nun prazo de dez anos e facelas, se hai demanda.
Segundo Arturo Grandal,  “o novo Plan Xeral, de facelo nestes momentos, prexudicaría totalmente ás parroquias. A maioría dos concellos galegos non o fan por esta causa, entre eles os gobernados polo Bloque e o PSOE. Mentres a Xunta non cambie a lei de Solo como tiña prometido non se beneficia ás parroquias”.

Entry filed under: Salvaterra.

A fotógrafa Luisa Lorenzo expón no Centro Comarcal A Paradanta, na Cañiza O concello de Salvaterra envía as alegacións ao Vigo Íntegra

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: