Vivenda reúne á comisión de seguimento do Val do Tea

09/10/2008 at 17:08 Deixar un comentario

A Consellería de Vivenda e Solo da Xunta de Galiza, convocou a comisión de seguimento do Parque Empresarial Val do Tea, para explicar os avances na tramitación do proxecto sectorial.
A consellería de Vivenda e Solo, que dirixe a Nacionalista Teresa Táboas, puxo en coñecemento a información sobre as adaptacións do proxecto sectorial  do Parque Empresarial Val do Tea ao documento de referencia ambiental.
Na xuntanza estaban presentes o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla; a xerente de Xestur Pontevedra, Bárbara Fernández; o delegado provincial da Consellería de Vivenda e Solo, Eudosio Álvarez Álvarez, así coma representantes dos grupos municipais da Corporación ponteareana, Asociacións de Veciños de Cristiñade e Guláns, Asociación de Afectados polo Val do Tea, Asociación de Empresarios e Asociación de Comerciantes de Ponteareas.
Por parte dos representantes das Asociacións Veciñais de Cristiñade e Guláns, facíase chegar aos redactores do proxecto sectorial, a súa disconformidade coa situación da depuradora, xa que consideraban os representantes dos veciños e veciñas que non era o lugar máis idóneo para a súa instalación, amais, por parte dos propios veciños e do Concello de Ponteareas, pedíase un dimensionamento maior desta depuradora para que amais de ofrecer servizo ao futuro parque empresarial, tal e como é preceptivo, tamén poida ser aproveitada para as parroquias de Cristiñade, Guláns, e incluso parte de Moreira, cos beneficios lóxicos que, un servizo de estas características, prestaría aos habitantes destas zonas. En todo caso, todas as decisións relativas á depuradora quedarán pendentes das consultas que se formulen perante a Consellería de Medio Ambiente e a conseguinte resolución por parte deste departamento da Xunta de Galicia.
Finalmente, a Comisión de Seguimento tamén decidiu dirixirse ao Ministerio de Fomento para que aclare todos os aspectos relativos as comunicacións futuras deste Parque Empresarial Val do Tea.
A comisión de seguimento reunirase novamente dentro de tres meses para analizar os pasos realizados ata entón e decidir as accións futuras que se deben seguir para que este Parque Empresarial, chamado a ser o motor do tecido industrial, empresarial e económico de Ponteareas, sexa unha realidade no máis breve prazo de tempo posible

Entry filed under: Ponteareas.

Inícianse as obras que rematarán o saneamento do barrio de Canedo, en Ponteareas Adega e Adenco organizan unha limpeza no río Tea, en Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: