A Banda de Música Xuvenil de Xinzo segue colleitando premios

14/10/2008 at 16:55 Deixar un comentario

A Banda  de  Música  Xuvenil  de  Xinzo vén de acadar o  2º  Premio outorgado polo xurado do VIII  Certame Provincial de Bandas de Música da Excma. Deputación de Pontevedra,  Sección  Segunda,   levado a cabo este sábado  na  cidade de  Pontevedra.
Con este premio,  a  banda  de música desta  parroquia  ponteareá  sobe  un  escalón  máis  nesta  edicción  ao obter o  2º  premio  e  – o  máis importante- consegue o    recoñecemento  ao  importante e frutífero traballo  que  desenvolve a Escola  de  Música  de Xinzo. Supérase, pois, a edición do ano anterior no que a  Banda de  Música Xuvenil  de Xinzo conseguira o terceiro premio. Así mesmo, no ano 2007 acada  tamén o segundo premio no  I Certame Galego  de  Bandas  de Música Populares celebrado en  Santiago de  Compostela, participando na segunda categoría, e no que tamén se lle outorgou  o  premio  á  mellor  interpretación  dunha  obra  galega  con  “Impresións  Galegas”  de  Henrique  Saavedra. 
A  Banda  de  Música  Xuvenil  de  Xinzo, baixo a dirección de Iñaki  Lecumberri  Camps, foi merecedora tamén neste ano 2008 do primeiro premio outorgado no I  Concurso  Zonal  de  Bandas de  Música  Populares  (zona  sur), dentro da segunda categoría,  patrocinado  pola  Excma.  Deputación  Provincial  de  Pontevedra.

Entry filed under: Ponteareas.

Adega prepara un campamento de voluntariado no río Tea O BNG de Arbo califica de despilfarro e desgoberno a política económica do PP arbense na xestión das arcas municipais

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: