Adega prepara un campamento de voluntariado no río Tea

14/10/2008 at 16:54 Deixar un comentario

Os tres últimos fins de semana de outubro o Proxecto Ríos comezará o seu  segundo campamento de voluntariado ambiental no río Tea

Durante o campamento este ano realizaránse traballos de eliminación de especies invasoras, ademáis de roteiros no rio Tea, nos arredores de Ponteareas e Mondariz.

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de Educación e Voluntariado Ambiental promovida por ADEGA. A finalidade deste programa é dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadania o mantenemento e a mellora dos ríos proporcionanado as ferramentas que garantan a súa participación.

Dentro desta campaña de Outono, continuaremos co programa de Voluntariado en Ríos do Ministerio de Medio Ambiente, que se comezou o ano pasado cun Campamento de Voluntariado no rio Tea. Este ano, dacordo cos datos recollidos no informe do campamento realizado no outono do 2007, realizaremos traballos de eliminación de flora exótica invasora, ademáis de roteiros polo rio Tea. O voluntariado terá cubertos os gastos de desprazamento, aloxamento e manutención e desenvolverase nos tres últimos fins de semana do mes de outubro.

Os traballos consistirán na erradicación de diversas especies invasoras presentes en diferentes treitos do rio Tea, as especies a erradicar son  plántulas de duas árbores (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon) coñecidas vulgarmente como mimosas, a falsa acacia (Robinia pseudoacacia) e  pequenas matas do falso bambú (Arundo donax). Ademáis se actuará nunha herbácea provinte de america do Norte (Conyza canadensis), a tintoreira ou uva das americas (Phytolacca americana), o garrapatón (Bidens frondosa) e a Tradescantia fluminensis coñecida co nome de amor de home.
 Nas xornadas de traballo explicaránse de maneira práctica os pasos a seguir para que o grupo de voluntarios poida levar a cabo os traballos axeitadamente.e desenvolver así o programa.

Cos datos recollidos realizarase un Informe do Estado de especies invasoras do río Tea, que se presentará ao Ministerio de Medio Ambiente Medio Rural e Marino, á Confederación Hidrográfica do Norte, Consellería de Medio Ambiente e outras entidades.

Entry filed under: Mondariz, Ponteareas.

Comezan as obras de construción de novos parques infantís en Ponteareas A Banda de Música Xuvenil de Xinzo segue colleitando premios

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: