O concello de Ponteareas reforza o alumeado

28/10/2008 at 16:30 Deixar un comentario

O goberno local de Ponteareas, que dirixe o popular Salvador González Solla, traballa na mellora e no reforzo do alumeado tanto no casco urbano coma en distintas parroquias do municipio. O concello explica que está levando a cabo un importante esforzo por mellorar a iluminación e potenciar as medidas de aforro enerxético na vila.
Así, o pasado mes de xuño o Goberno local puxo en funcionamento o novo alumeado no barrio de Portela, na parroquia de Padróns, substituíndo o anterior que se atopaba obsoleto, uns traballos incluídos no Plan Provincial de Cooperación (PPC) –financiadas por Concello e Deputación Provincial- nos que se investiron máis de 62.000 euros.

Tamén, en próximas datas, o goberno de Ponteareas comezará as obras de mellora do alumeado público nas parroquias de Ribadetea, Arnoso e Guillade, traballos que tamén se inclúen no PPC 2008 e que teñen un custo de 30.000 euros.

Ademais, con vistas aos orzamentos municipais do ano 2009, o Goberno local de Ponteareas quere incrementar o investimento adicado á mellora do alumeado público no casco urbano e nas parroquias e potenciar medidas de aforro enerxético, que xa se están levando a cabo en todas as novas intervencións que se executan no municipio. Dende o goberno local se traballa xa na redacción e elaboración de distintos proxectos para mellorar o alumeado no municipio.

Dende o concello, apostan por sistemas que reduzan a intensidade lumínica no alumeado público e que funcionan a certas horas, así coma pola utilización de luminarias de maior rendemento e menor consumo. Estas medidas contribúen de xeito considerable á reducción do consumo de enerxía, así coma as emisións de CO2.

Entry filed under: Ponteareas.

CCOO advirte ao concello de Ponteareas que os traballadores do concello non “son responsables da creba técnica” O goberno de Ponteareas pon en funcionamento o novo alumeado no torreiro-igrexa de Arnoso

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: