O concello de Ponteareas xestionou e adxudicou máis de cinco millóns de euros en investimentos nos últimos meses

28/10/2008 at 16:26 Deixar un comentario

O concello de Ponteareas xestionou e adxudicou nos últimos meses –entre xuño e outubro de 2008- máis de cinco millóns de euros en investimentos en todo o municipio, que se traduciron no inicio, no remate ou a adxudicación de importantes infraestructuras que mellorarán dun xeito considerable a calidade de vida dos habitantes da vila.

O goberno local, que dirixe o popular Salvador González Solla, fixo un importante esforzo por dotar ao municipio de infraestructuras viarias, deportivas, culturais ou de saneamento, entre outras, de grande importancia para Ponteareas. Neste sentido, destaca o investimento que se destinará á reforma integral do auditorio Reveriano Soutullo, que superou o millón de euros -1.187.000 euros- e que será aportado polo Concello e a Deputación Provincial. O investimento para a construcción do novo pavillón polideportivo, tamén financiado polo organismo local e mailo provincial, que ascenderá a 561.000 euros, mellorará a oferta de infraestructuras deportivas do municipio, que se verán reforzadas tamén coa inmediata inauguración do novo campo de fútbol de herba sintética na parroquia de Angoares e o campo de fútbol de Oliveira.

A aprobación, no Pleno municipal, dos orzamentos de 2008, permite ao Concello investir 1.480.000 euros que contribuirán a facer realidade, entre outras, importantes obras e infraestructuras, coma as anteriormente mencionadas, así coma a humanización de rúas, a construción de máis parques infantís, así coma obras de saneamento e abastecemento, entre outras. Esta aportación do organismo local verase incrementada de xeito considerable coas  aportacións comprometidas maioritariamente en distintos plans da Deputación Provincial de Pontevedra, así coma a través de convenios con esta administración.

A mellora de rúas do casco urbano e o acondicionamento de pistas nas distintas parroquias centran boa parte do investimento do Goberno de Ponteareas, que aposta de xeito decidido pola creación de espacios urbanos adecuados ás necesidades dos habitantes da vila e pola mellora das infraestructuras viarias nos barrios. Neste sentido, rematáronse as obras de humanización das rúas Reveriano Soutullo e Darío Bugallal, que tiveron un custo de 127.000 euros e que o concello executou en colaboración coa Deputación Provincial. O Concello iniciará proximamente as obras de mellora no Mercado Municipal, así como o remate da humanización da Praza Maior- Rúa Esperanza- Praza Arxentina, por un importe total de 108.000 euros. Ademais, adxudicará en o vindeiro luns as obras da glorieta do Axente Comercial, que ascenden a máis de 60.000 euros.

O novo aparcadoiro soterrado, que ten un orzamento de 4.608.000 euros, contribuirá dar o mellor e o maior servicio posible á demanda de estacionamento na zona central da vila, e supón un paso importante cara a mellora do tráfico. O anteproxecto para a construcción do aparcadoiro foi aprobado por unanimidade polo pleno da Corporación o pasado 3 de outubro e agora se atopa en período de exposición pública.

As parroquias do Concello de Ponteareas tamén mellorarán o seu saneamento e abastecemento. Neste sentido, o Goberno local xa puxo a disposición da Consellería de Medio Ambiente os terreos para a execución da cuarta fase do saneamento de Xinzo, Areas e Arnoso, uns traballos que ascenderán aproximadamente a 700.000 euros. Ademais, o concello está a piques de rematar a construcción de dous depósitos de auga potable en Seca e Cortellas (parroquia de Padróns), e iniciará próximamente as obras para a construcción dun novo depósito de auga potable en Arnoso. O investimento na construcción destes tres depósitos supera os 120.000 euros.

Por outra banda, o Concello de Ponteareas concedeu a licencia de parcelación para o emprazamento da nova estación de auga potable, e comprará ditos terreos por importe de 32.000 euros. No mes de outubro iniciáronse tamén as obras que rematarán o saneamento do barrio de Canedo, cun investimento de 53.000 euros. Tamén executará o saneamento nos barrios de San Roque e A Freixa, unhas obras que ascenden a 90.000 e 71.500 euros, respectivamente.

Máis infraestructuras deportivas, culturais, sociais e de lecer

A dotación de máis espacios culturais e de reunión para os habitantes das distintas parroquias é outro dos eixos que centraron a política do goberno local de Ponteareas. Neste sentido, no mes de xuño abriuse o remodelado Centro Cultural da Fundación Hermanos Barcia, na parroquia de Padróns, no que tamén se acondicionou a pista polideportiva –en total o investimento foi superior aos 25.000 euros-, en setembro inauguráronse as obras de ampliación da Casa Cultural de Areas -120.000 euros- e en vindeiros días comezarán as obras da cuarta fase da Casa Cultural de San Mateo de Oliveira -60.000 euros-.  O Concello tamén traballa na reforma do Teleclub de Cortellas, cun investimento superior aos 30.000 euros

Ademais, o Concello cedeu as instalacións da nova Casa Cultural de Santiago de Oliveira, que foi remodelada por alumnos do Obradoiro de Emprego Vila do Corpus, á nova asociación que dirixirá o centro. O Obradoiro de Emprego Vila do Corpus rematou tamén as obras de mellora das instalacións da Casa Cultural de Cumiar, un centro que o Concello cederá tamén en próximas datas ao colectivo veciñal.

 O Concello inaugurou o campo de fútbol da parroquia de Santiago de Oliveira, cun investimento de 120.000 euros, e está pendente de inaugurar o campo de fútbol da parroquia de Angoares, no que se interviu coa colocación de herba sintética de última xeneración, nas gradas, no alumeado e outras reformas, uns traballos que tiveron un custo superior aos 500.000 euros

O Goberno de Ponteareas tamén está pendente de adxudicar as obras do Centro de Día de Discapacitados-Asprodico por importe de 70.000 euros, recepcionou oito areas de ocio infantís construídas pola Deputación de Pontevedra, construirá dous novos parques e instalará seis áreas máis de ocio, co que o municipio contará con 16 novos espazos de lecer para os máis novos.

Por outra banda, a casa consistorial continuará coa súa reforma. Neste caso será a primeira planta do edificio, para o que a Xunta de Goberno aprobou o pasado mes de setembro o expediente de contratación destes traballos, que ascende a 228.750 euros, unha reforma que será adxudicada en vindeiros días.

Entry filed under: Ponteareas.

O concello de Ponteareas acondiciona os cemiterios para a festividade de tódolos Santos CCOO advirte ao concello de Ponteareas que os traballadores do concello non “son responsables da creba técnica”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: