O PP comarcal presentará enmendas aos orzamentos da Xunta e o Estado

28/10/2008 at 13:06 Deixar un comentario

Nava Castro denuncia que os orzamentos do Estado contemplan tan só 10.000 euros de investimento para a comarca do Condado Paradanta

“Raquíticos”, así define o deputado César Pérez Ares as partidas orzamentarias da Xunta á comarca, con investimentos tan só para os concellos de Ponteareas, As Neves e  Salvaterra. Do mesmo xeito, a deputada no Parlamento estatal, Nava Castro, denuncia os “escasos recursos á comarca do Condado Paradanta” do estado español, que este ano se quedan en tan só 10.000 euros.

Ambos deputados compareceron esta mañá ante os medios de comunicación, xunto aos alcaldes de Ponteareas, As Neves e Mondariz, para presentar as enmendas do Partido Popular aos orzamentos.

No caso de Ares, considera insuficientes os cartos que a Xunta investirá na comarca, botando en falla obras en medio ambiente, como un plan integral de tratamento de auga potable no caso de Ponteareas, municipio para o que tamén piden saneamento, a constución dunha nova EDAR, pistas deportivas cubertas para os colexios, ou unha ponte alternativa a das Partidas. Neste senso Ares lembrou que o investimento da Xunta limítase a tres concellos: Ponteareas, As Neves e Salvaterra, “ e se está a abrir unha fenda cada vez máis grande entre o urbano e o rural”. Ademais acusou aos orzamentos de “partidistas”.

Pola súa banda, Nava Castro, presentou as enmendas que presentou no rexistro de entrada do Parlamento estatal este mesmo venres, referidas á urbanización da N-120 de Ponteareas, ao soterramento dos pasos a nivel do Porriño ou a mellora das estacións do tramo Ourense-Vigo. Piden tamén ao Ministerio de Fomento a implantación dun tren de cercanías en O Porriño-Vigo-Pontevedra e un enlace ferroviario Ourense- Plisan-Vigo ou a realización dun estudo de circunvalación da N-120 e a A-52, ademais dun proxecto de enlace entre Lentille e A Cañiza na A-52. Os populares solicitan tamén unha partida para reformar o cuartel da Guardia Civil en Ponteareas e para un paseo fluvial no Río Tea, así como outro no Miño entre Tui e Salvaterra. Relacionado tamén co medio ambiente, solicítase que os PGE contemplen a humanización das marxes do río Miño entre As Neves e Salvaterra, a rexeneración das Pesqueiras do Río Miño en As Neves, a creación da Praia de Ribadil en crecente, ou as novas EDAR da Cañiza e Ponteareas.

Finalmente, “porque inflúe a moitos traballadores que se trasladan alí a traballar”, piden orzamento para unha gardería infantil no polígono da Granxa no Porriño.

En Ponteareas, hai unha única partida de 100.000 euros para a reforma dos xulgados, que o deputado calificou de “irrisoria tendo en conta que lles chove dentro). Hai dúas partidas máis, unha para os acceso s a Salvaterra da N-500 cun importe de 656.505 euros e outra de un millóns de euros para a circunvalación de As Neves. Sen embargo Ares bota en falla partidas en saneamento

 

 

Entry filed under: A cañiza, Arbo, As Neves, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Salvaterra.

O BNG de Arbo califica de despilfarro e desgoberno a política económica do PP arbense na xestión das arcas municipais O concello de Ponteareas acondiciona os cemiterios para a festividade de tódolos Santos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: