As graveiras presentan aos promotores da PLISAN unha oferta de pago dos recursos mineiros que exploten

30/10/2008 at 14:54 Deixar un comentario

José Luis Fernández Piñeiro, empresario e portavoz das graveiras ubicadas na Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves (PLISAN), anunciou que veñen de presentar, a través de Xestur, unha proposta de pago dos recursos mineiros ós promotores do proxecto industrial (Zona Franca, Autoridade Portuaria e o Instituto Galego de Vivenda e Solo), deixando claro que so se asumirán as cantidades correspondentes os materias que efectivamente sexan explotados. É dicir, serán pagados os recursos en areas e gravas que pasen polas graveiras para ser tratadas e comercializadas.

O propietario de “Aridos do Mendo” e portavoz das graveiras deixou claro unha vez máis que “ a nosa vontade sempre foi a de chegar a un acordo e dar unha solución definitiva ó tema”, pero sempre partindo da base de que se garanta a seguridade xurídica e a certeza sobre o custe da materia prima. Neste punto, destaca Fernández, debe ser tido en conta que o pago dos recursos ós promotores só debe comprender aqueles que sexan entregados ás graveiras, excluindo aos que xa eran propiedade das graveiras con anterioridade á posta en marcha da PLISAN.

Por outra banda, o portavoz das graveiras engadíu que outro dos puntos a ter en conta é o feito de que os promotores fagan entrega ás graveiras do material acordado no convenio asinado entre ambas partes. De non ser así, esixirán danos e perxuicios. Tamén deberá ser tido en conta, á hora de facer números os promotores, os traballos realizados polas graveiras para os mesmos. Fernández tamén aclara que é razoable que o material extraído na zona e pagado polas graveiras, sexa utilizado –xa elaborado- para as obras da PLISÁN, o que suporía favorecer ou adiantar o cumprimento do acordo.

“Para as graveiras implicadas tamén resulta fundamental que a administración lles aporte facilidades de pago para facer fronte a elevada suma que deben desembolsar”. José Luis Fernández argumenta esta afrimación poñendo de manifesto que entra na racionalidade económica que se busque unha correlación de ingresos e gastos, o que debería supor que se fagan pagos do recurso en función do fluxo de ingresos polas súas vendas.

Entry filed under: Salvaterra.

Curso de primeiros auxilios na asamblea local da Cruz Vermella Ponteareas O BNG de Arbo acusa ao alcalde de aprobar o Plan Xeral de Ordenación sen facilitar unha copia da documentación á oposición

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: