Esquerda Unida de Ponteareas esixe actuacións para eliminar os vertidos ao río Tea

30/10/2008 at 14:40 Deixar un comentario

Esquerda Unida de Ponteareas esixe ao goberno local actuacións inmediatas para eliminar os vertidos ao río Tea.
“Os grupos da corporación municipal de Ponteareas levan amosado unha total indiferenza ante os vertidos sen depurar ó Tea. É agora, despois do inicio dun procedemento de infracción contra España por parte da Comisión Europea a consecuencia da denuncia levada ante ela por EU de Ponteareas, cando estes grupos din estar preocupados pola situación en que se atopa o río Tea.” explica Lino Costas Vila, da área de Medio Ambiente de EU-IU. .

Así mesmo, recriminan ao PSOE e o BNG por sinalar ao goberno do PP como culpable cando “o certo é que si uns non fixeron nada, os outros tampouco”. Para EU non é serio escusarse nunha denuncia feita fai dez anos  para dar o traballo por feito, como tampouco o é tentar de dar a impresión de que se fixo algo mesturando o problema dos vertidos cos orzamentos destinados a outras causas, ou dicir que no PXOM, que está paralizado, estaba contemplada a construción dunha Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR).

“A ninguén lle importou que as augas residuais e as pluviais foran todas pola mesma canalización, ¿acaso non tiñan coñecemento de elo os grupos da corporación municipal?, como tampouco lles importou que moitas canalizacións de augas residuais se mandaran directamente ó río, ¿ou é que tampouco se decataron disto?”.
Ademais, engaden que “nin a administración municipal, nin a autonómica, nin as de  antes nin as de agora, que son quen teñen a responsabilidade e os medios para solucionar este problema, ou mellor aínda, para que nunca se producira, moveron un dedo para evitalo”.
Por último Esquerda Unida insiste que propia Comisión Europea, na súa resolución, di que non recibiu ningunha información oficial sobre un proxecto dunha nova depuradora para Ponteareas que puidera beneficiarse da cofinanciación dos Fondos Estruturais comunitarios.
“Ou sexa, igual que si non pasara nada; nin informe, nin proxecto nin nada. O problema dos vertidos incontrolados ó Tea é suficientemente grave para que nunca o tiveran deixado de lado, pero a corporación municipal prefire facer remodelacións de prazas e aparcamentos subterráneos a traballar para conservar o noso medio ou para garantir os servizos básicos  ós veciños de Ponteareas”.
Por todo isto esixen ao goberno Municipal e á Xunta de Galicia que fagan as actuacións necesarias para erradicar os vertidos de augas residuais sen depurar que están contaminando o río Tea.

Entry filed under: Ponteareas.

O alcalde de Ponteareas supervisa as obras que rematarán as obras de saneamento en Canedo O BNG salienta o seu compromiso dende a Xunta a Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: