Esquerda Unida pide explicacións polo atraso na entrega das nova aulas e comedor do CEIP Mestre Ramiro Sabell

30/10/2008 at 14:51 Deixar un comentario

O Coordinador local Xosé Henrique González Lago denuncia publicamente que a Consellería de Educación aínda non entregou as novas aulas nin o comedor. Tamén quere recordarlle ao PSOE que os investimentos feitos pola Consellería de Educación “son insuficientes e chegan con atraso”.
“A carencia de cartos da Consellería  débese á política fiscal regresiva do Goberno Zapatero que segue os pasos do PP neste tema, obcecados nun liberalismo obsoleto que a actual crise puxo en evidencia; os recursos obtéñense tamén recortando os gastos militares que as aventuras militares da OTAN implican, eliminando os plus dos altos cargos da Xunta de Galicia e paralizando iniciativas faraónicas como Gaias. Os gastos sociais constitúen nos momentos de  crise e recesión a iniciativa orzamentaria máis oportuna”.

Ademais, Esquerda Unida Ponteareas tilda de “lamentable” a actitude do goberno local (PP-UCPA) “que mira para outro lado neste tema”.
González Lago asegura que “non nos vale o argumento los dirixentes locais do PSOE de que se ten gastado moito en Ponteareas. Xa sabemos que o PP deixou a Ponteareas nunha situación calamitosa, pero o deber da Xunta é administrar os orzamentos, tendo en conta a realidade de cada concello”.

Así mesmo, EU-IU explica que o cambio recente da lei de comedores escolares forzou que o comedor do Ramiro Sabell pase a ser xestionado pola ANPA en detrimento da propia Xunta.
“Con esta nova lei a Xunta lavase as mans e carga os Pais e Nais con toda a xestión do comedor, do que estes se enteraron a principios de setembro. Con esta modificación o PSOE recorta gastos nos servicios públicos e pon en evidencia a súa  falsidade, posto que o propio Zapatero non para de anunciar que a crise non  vai repercutir nos servicios sociais. Esta situación pon de manifesto que o goberno non aposta pola conciliación familiar,  xa que a xestión do comedor vai supoñer un gran esforzo dos pais e nais que traballan en diversas quendas e para os que intentan buscar un posto de traballo”.

Esquerda Unida sinala que o Sabell Mosquera no 2006 tiña 240 alumnos, no 2007 un total de 278 e agora no 2008 vai superar os 320 alumnos, “feito lamentable o ver que a biblioteca está espallada polos corredores do centro, que no laboratorio imparten clases e que aos alumnos de alternativa se lle discrimina, porque non teñen aulas fixas”.

Este incremento, xunto coa masificación do Ceip Fermín Bouza Brey,  ven a poñer en evidencia para Esquerda Unida que en Ponteareas as ampliacións non son suficientes, polo  que volven insistir na urxente construción dun novo C.E.I.P. “escapando da idea da Consellería de Educación de impoñer a creación dun macrocolexio”.

Entry filed under: Ponteareas.

O alcalde de Salvaterra acusa ao BNG de mentir respecto á construción da pasarela da Fillaboa O PSOE acusa a Grandal de faltar á verdade sobre o destino dos fondos que inicialmente eran para a pasarela da illa da Fillaboa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: